Mércores. 16.10.2024
El tiempo

As mariscadoras salvan o seu mar da Basa

As mariscadoras salvan o seu mar da Basa
Mariscadoras limpando a enseada da Basa en Xavina con Mar de Fabula Mariscadoras limpando a enseada da Basa en Xaviña con Mar de Fabula

Conseguíu mobilizar Mar de Fábula e o seu incombustible Xosé Manuel Barros, a 25 mariscadoras para levar a cabo a 2ª limpeza na zona marsiqueira da Basa, Xaviña, Camariñas. Dos 31 participantes nesta sesión, 25 eran mariscadoras que se decatan da importancia de manter limpo, e vivo, o seu mar, a súa fonte de vida. De aí, que carga simbólica desta xornada de voluntariado fose especial, dándolle á xornada "un contido de forte emoción e de esperanza de cara ao futuro do planeta", segundo recoñecian as propias protagonstas na entrevista que lles fixo a televisión.

As mariscadoras expresáronse con términos cargados de resonancia, puntualizando que, para loitar contra o cambio climático o que hai que facer é poñerse a traballar, a recoller os plásticos, a preocuparse de non contaminar... Era un pracer escoitalas! Incluso facendo un sano exercicio de autocrítica.

Lixo recollido por Mar de Fabula na Enseada de Xavina OLYMPUS DIGITAL Lixo recollido por Mar de Fabula na Enseada de Xaviña

Sendo menos participantes que o ano pasado, foron tres en lugar de catro as zonas de limpeza acometidas na contorna da Basa: O Muiño Novo. A Curva e Agramar, deixando o Campo do Turco para outra ocasión. Enchéronse 58 sacos, o meirande volume plásticos miúdos, moi difíciles de apañar e tamén como é habitual no lixo mariño, moito chicote, cabos, anacos de redes, espumas, bidóns enteiros e rotos e restos de aparellos electrónicos que hai que pensar moito como raio puideron chegar a este fondo da ría.

A síntese fundamental da xornada foi a alta participación do colectivo de mariscadoras de Camariñas e o seu convencimento de que, o que estaban a facer era importante, de que limpar e sanear a contorna onde elas móvense a cotío forma parte tamén da cultura do seu traballo. Esta mensaxe de responsabilidade e coherencia, ten unha forte carga de transcendencia para unha sociedade necesitada de referentes positivos.

Ao remate do traballo, no intercambio de comentarios, acordaron que polo menos, van ter que xuntar 100 persoas para o ano que vén! Lixo non lles vai faltar porque aínda terá a sociedade que botar moitos anos limpando o mar.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios