As mulleres alzan a voz en Camariñas

13:40 02/12/10
Volvemos hoxe alzar a voz contra a Violencia de Xénero. E o facemos voltando ata o 25N, repasando máis polo miúdo o que pasou en Camariñas. Xa ollamos o que pasou ao longo da bisbarra, con actividades en Vimianzo, Cee, Muxía, Ponteceso... Pero unhas das citas máis emoivas tivo lugar en Camariñas, onde non hai homenaxe sen música coral.
Aló, a Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade reuniuse ao carón da escultura á muller traballadora, diante da Casa de Pedra de Camariñas. Foi un emotivo acto no que se deu lectura a un manifesto, co repaso de cada un dos nomes das 64 mulleres asasinadas en todo o estado neste 2010. Ademais mantívose un respetuoso minuto de silencio, e posteriormente, a música tomou o protagonismo.
E como non podía ser doutro xeito, e ao igual que na homenaxe ao Serpent, participou o Coro Municipal de Mulleres. De feito, estrearon un arranxo de Charo Vázquez Freire dunha canción de Amaral, "Salir corriendo", unha versión da letra en galegom pero cunha música composta orixinalmente pola camariñá. A peza titúlase "Saír fuxindo" e foi todo un éxito.
A Voz da muller de Camariñas
E aproveitamos para traer de novo A voz da Muller de Camariñas. A través do programas A Memoria do tempo, vemos estes vídeos que relatan a vida de varias bravas mulleres do concello camariñán.Novas relacionadas
- A Costa da Morte abriu os ollos contra a Violencia de Xénero.
- A voz da Muller de Camariñas.
- Novos obradoiros de igualdade nos centros de ensino de Camariñas.
- Loitando contra o Fermento do silencio.
- Os carteis da non violencia.
- O Soliloquio de Susana Alvite sobre o Día Internacional contra a Violencia de Xénero: Outro día máis sen razón de ser.
- 16-09-10: Un home asasina á súa muller a martelazos en Ponteceso.
- Concentración 25N-2009: Na procura das "ferramentas contras as raíces da violencia".
- Concentración 25N-2008: Sementando unha Costa de non violencia.
Máis novas
- Reportaxe de Vito Diéguez: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .