Mércores. 09.10.2024
El tiempo

As noites de Daniel Llamas en Nariga, Louro e Vilán, premiadas de novo

As noites de Daniel Llamas en Nariga, Louro e Vilán, premiadas de novo

Todas teñen xa algún premio ou algunha mención. Pero son tan espectaculares as fotos nocturnas de Daniel Llamas que non deixan de recibir loubanzas e recoñecementos. O último, o terceiro premio na categoría Panoramic da NDAWARDS 2017, a unha serie de fotos nas que se inclúen 3 da Costa da Morte.

A Punta Nariga, a torreira e o Faro Vilán e a lagoa de Montelouro forman, xunto co Monte Faro (Chantada) e Castro Baroña, a serie “Galicia, Lands of Legend”, escollida polo Xurado internacional entre os gañadores non profesionais.

Uns traballos onde a Vía Láctea cobra vida, e comparte protagonismo cos tesouros patrimoniais.

Llamas cóntanos varias cousiñas sobre cada foto:

”Looking at home”, no Cabo Vilán

Fotos-Nocturnas-de-Daniel-Llamas-na-Costa-da-Morte-Cabo Vilan e Cristina Fernandez

Nesta imaxe Llamas cambia de protagonista. No canto da Vía Láctea, é a torreira Cristina Fernández (unica fareira en toda España) a que mira ao seu fogar con orgullo. Unha Cristina “dura e forte”, como a costa que protexe.

Llamas recoñece que é “Unha obra complexa de levar a cabo, por infinidade de motivos: A potente linterna do faro á altura da cámara, a limitación da composición ao haber só un lugar onde realizar a foto (estreito e ao bordo dun precipicio), o forte vento e a meteoroloxía inestable da zona, as frecuentes visitas nocturnas (con linterna por suposto), os potentes focos da casa, os coches e autocaravanas…” De feito, tivo que achegarse 4 veces para conseguir a foto boa, para conseguir esta panorámica de 8 fotografías.

Esta foto xa foi Gañadora absoluta del concurso nacional MEDCLIC Oceans Photo en 2016; 3ª en categoría Panoramics do concurso internacional NDAWARDS 2017; Finalista do concurso internacional Finest Art Photography Awards 2017; e Mención de honra no concurso International Photographer of the Year 2016.

”Tech. vs Milky Way”, Punta Nariga

Llamas quixo enfrontar a natureza do firmamento coa ditadura da tecnoloxía. De aí o autorretrato iluminándose luz do móvil. Llamas destaca o lugar máxico que xera este moderno fato en forma de barco. Superando os problemas meteorolóxicos, conseguiu esta estampa con 9 fotografías, para ser xa recoñecida co 2º posto en categoría Night Photography do concurso internacional Finest Art Photography Awards 2016; 3ª en categoría Panoramics do concurso internacional NDAWARDS 2017; Finalista no concurso nacional Memorial María Luisa 2016; Finalista do concurso Epson International Pano Awards 2016; Finalista do concurso internacional KOLOR Panobook en 2016; Mención de honra no concurso International Photography Awards 2016; e Mención de honra no concurso International Photographer of the Year 2016.

”Glow lake”, Louro

Fotos-Nocturnas-de-Daniel-Llamas-na-Costa-da-Morte-Lagoa Monte Louro

”A lagoa de Louro é como un pequeno tesouro da natureza no medio da moderna urbanización do home”, destaca. Centrada co pequeno monte Louro que se observa tras ela e rodeada dunha frondosa vexetación e as dunas que delimitan a praia.
A pesar da contaminación lumínica conseguíu un arco espectacular. 27 fotos verticais forman esta panorámica que xa ten un 3º posto en categoría Panoramics do concurso internacional NDAWARDS 2017; e que foi Finalista do concurso internacional Finest Art Photography Awards 2017.

 

Novas relacionadas

Comentarios