luns. 12.05.2025
El tiempo

As Palilleiras volven xuntarse en Vimianzo

As Palilleiras volven xuntarse en Vimianzo
Xuntanza e Palilleiras de Vimianzo 2013

Volverá xuntar o Concello de Vimianzo case que un millar de artesás na VII Xuntanza de Palilleiras de Vimianzo. A cita, nun sempre ateigado Pavillón Municipal, será o vindeiro sábad 9 de novembro de 10:30h a 19:00h, sendo a Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas as verdadeiras organizadoras.

Virán palilleiras de todo o país: Lousame, Viveiro, Foz, Cervo, Burela, Sarria, Ferrol, Neda, Cedeira, Cariño, Ames, Pontevedra, Vigo, A Coruña, Boiro, Valga, Camariñas, Muxía, Padrón, Burela, Marín, Narón, Fene, Cambre, Salvaterra do Miño, Betanzos, Coirós, Carral, Vilanova de Arousa, Noia, Sada,etc e como non de Vimianzo.

O pavillón estará aberto a partir das 10:00 horas da mañá para todo o público que nos queira visitar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios