Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo fixo protagonistas aos debuxantes, palilleiras e actores locais

Vimianzo fixo protagonistas aos debuxantes, palilleiras e actores locais

Xa o di o nome do programa mensual cultural: "O mes do noso". Así rematarban 6 meses de programación continua na Casa da Cultura de Vimianzo. Un tremendo acerto do Concello de Vimianzo, artellando un programa tan longo que permite que os veciños saiban que o domingo teñen cita cultural. E así de cheo estaba o Auditorio case sempre.

E a rebentar cando os protagonistas son da casa, como durante todo este mes. Pechaban xuño dúas propostas, unha teatral, e outra artística.

Un venres de pintura e palillo

Inauguracion da Mostra de Arte e Palillo en Vimianzo

A Sala de Exposicións Antón Mouzo non descansa e volve inaugurar outra exposición de artistas locais. O venres eran os alumnos e alumnas das Escolas Municipais de Arte (pintura e debuxo) e Palillo, os protagonistas da inauguración. Numerosos veciños, amigos e familiares dos artistas achegáronse á Casa da Cultura ansiosos por ver os traballos realizados.

O acto comezou no Auditorio da Casa da Cultura coa proxección dun audiovisual no que se puideron visionar todos os traballos realizados durante o curso, pois na Sala tan só se pode ver uha selección. A continuación o alcalde deu paso a quenda de palabras, comezando a Escola de palillo cunha representante das alumnas e a profesora Lourdes Lema, que fixeron unha valoración do traballo realizado, cada unha desde o seu punto de vista, e a continuación dous alumnos de pintura e debuxo fixeron o propio coa súas disciplinas e a profesora Puri Lema falou da arte e da aprendizaxe do seu amplo grupo de alumnos.
A exposición poderá visitarse durante todo o mes de xullo.

Sábado e domingo de teatro

Membros da Escola de Teatro de Vimianzo-Foto-Roberto Rua

E menudos actorazos que están feitos vimianceses. Se xa o Asalto ao Castelo é unha proba de lume, os membros da Escola de Teatro de Vimianzo puxeron en práctica todo o aprendido polo curso. Dirixidos por Toño Casais, os Viki, Míchel e compañía deixaron os nervios tralo telón e puxeron a nota divertida con "Cadros de amor e humor ao fresco".

Todo un broche de ouro para un ano teatreiro en Vimianzo.

Novas relacionadas

Comentarios