Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Axenda da fin de semana do Carme e do Nordestazo

Axenda da fin de semana do Carme e do Nordestazo

Sen dúbida, a cita festexeira da Axenda Costa da Morte da fin de semana é o Nordestazo Rock. Os Heredeiros van queimar Mapica así que non o podedes perder.

A fin de semana vén cargada de Carme. Corcubión acolle as súas festas esta fin de semana e ata o luns, e mais Corme, con sesións domingo e luns. E atentos ao que aconteza en Camariñas, onde as Festas do Carme se mesturan cun curioso Mercado Medieval Mariñeiro.

Hoxe aínda é o último día das Festas de Carnés, pero ademais xa poderemos disfrutar das polémicas Festas de Corcoesto. Ademais, a golpe de venres hai dúas citas culturais: a presentación dun libro en Corme, e a proxección de varias documentais en Corcubión. E para o sábado, emotivo homenaxe musical ás xentes do Mar de Lira.

Para o sábado teremos unha nova Barferencia Arqueolóxica en Carnota, desta volta sobre os Petroglifos de Galicia e Carnota, con Antonio de la Peña e José Cernadas.

Cita tamén esta fin de semana para Rapa das Bestas de Vimianzo

E durante toda a fin de semana poden disfrutar de varias exposicións pola zona.

Máis información

Fonte

Comentarios