#LigadaCostaFEM: Soneira e Juan Cabrejo prepáranse para a gran final
Unha vez analizada a xesta do Muxía, repasamos como vén a #LigadaCostaFEM, con dous protagonistas claros. Por un lado o líder, o Soneira que ten moita artillería coas Kenny, Kelly, Tamara e compañía, pero é que ademais as dúas últimas incorporacións que fixeron para a zona defensiva, Noa Forján e Paula Carril, dalles moita solvencia e seguridade. Así, a base de xogo e eficacia pecharon o derbi ante o Zas, que as achega un pouco máis ao título da Liga da Costa. 5 puntos de vantaxe teñen sobre o EF Juan Cabrejo con 15 por xogar, co enfrontamento directo da vindeira xornada (o 12 de abril) como fito clave. As camariñás non tiveron piedade do Ponteceso, ao que golearon co protagonismo de Yara.
Por detrás, a pelexar polo posto de promoción parece quedar entre Outes e Cabana. As da Serra non fallaron en Cerqueda mentres que o Cabana botou ao Corcubión da ecuación ao vencerlle no Cubaleiro.
En canto ás goleadoras, parece que a soneirá Keny será a pichichi da categoría, pois xa suma 33 goles, polos 24 de Laura Lires (Outes) e os 20 de Yara (EFJC). Sofía Caamaño (Miúdas) con 17 e María Castro (Corcubión), con 14, completan a zona alta.
EF Juan Cabrejo - Ponteceso (8-0)
- Goles: 1-0, m.2: Yara; 2-0, m.11: Paula Mouzo; 3-0, m.15: Yara; 4-0, m.30: María García; 5-0, m.50: Yara; 6-0, m.51: Yara; 7-0, m.53: Paula Mouzo; 8-0, m.5: Lelucha de gol olímpico.
Pouco que contar do partido máis que destacar a superioridade camariñá, os 4 goles de Yara e os 2 de Paula.
As Miúdas - A Baña (4-0)
- Goles: 1-0, m.11: María González; 2-0, m.20: Sofía; 3-0, m.40: María González; 4-0, m.41: María González.
Conta xa Mané Senande con todo o plantel e iso o nota o cadro muradán, que foi superior en todo momento ás de Leticia Fdez. e apreitaron o acerto de María González para sentenciar antes do descanso.
Corcubión - Cabana (3-5)
- Corcubión: Lucía, Ana Sierra, Alexandra Lojo, Marta, Carla, Cris, Sandra García, Andrea Rod., Lucía Garea, Sandra López e Andrea Romero. Tamén: Jimena, Juliette, Tati e Lara.
- Cabana: Miriam, Idania (Nuria), Iria, Mireia, Aroa (Marta), Irene, Inma, Alejandra, María Souto (Begoña), Nerea (Sabela), Silvia (Natalie).
- Goles: 1-0, m.20 Alexandra Lojo; 1-1, m.40: Nerea; 1-2, m.43: María Souto; 1-3, m.46: Silvia; 2-4, m.55: Andrea Romero de penalti; 2-4, m.61: Aroa; 2-5, m.65: Irene; 3-5, m.85: Alexandra Lojo.
Moito vento no Cubaleiro. O primeiro en achegarse á porta rival foi o Cabana que por medio de Nerea estrelaba o balón no longueiro, pero nun despexe de Miriam que caiu nas botas de Alexandra, esta adiantaba ás locais. Tuveron aí uns minutos de dúbidas as cabanesas ante un cadro de Rubén Castillo que sen facer o seu mellor partido, tivo un par de chegadas para ampliar a renda, pero nun arreón antes do descanso, Nerea e María Souto dábanlle a volta ao marcador.
Ao pouco da reanudación Silvia poñia o terceiro do Cabana, dous goles dos chamados psicolóxicos que fixeron mella nas locais, que así e todo reaccionaban e se se metían no partido co gol de Andrea Romero dende os 11 metros. Tivo aí a ocasión de empatar o cadro local, pero nun córner rematado por Aroa poñía de novo terra de por medio. Xa á contra Irene facía o 5º, e Alexandra de novo pechaba o encontro co seu segundo tanto da tarde.
Xallas B - Dubra (0-0)
Partido igualado en Fontenla con dous equipos moi parellos. Chegaban as de Noe ao partido con varias baixas como xa comeza a ser habitual, aínda así o equipo saía moi ben plantado e exercendo unha presion constante no campo rival, tendo varias ocasións claras para poñernse por diante no marcador, pero a falta de efectividade deixou as gafas no marcador. Na segunda parte coas forzas mais mermadas foi o Dubra quen gozou de máis dominio do partido, renatanado o choque nun xusto empate.
Sporting Zas - Soneira (0-4)

- Zas: Noelia, Alvite, Sara, Andrea, Carlota, Jimena, Tania, Lucía, Lara, Nuria e Antía. Tamén: Nerea, Ruth, Valeria, Lorena e Laura.

- Soneira: Karen, Noa Forján, Leila, Paula Carril, Sara Pasantes, Candela, Uxía, Kelly, Tamara, Daniela e Kenny. Tamén: Laura Calvo, Ana Mouzo, Uxía, Luana e Cris.
- Goles: 0-1, m.8: Kelly; 0-2, m.21: Tamara; 0-3, m.33: Kenny; 0-4, m.64: Tamara.
Conseguíu abrir rápido o marcador o cadro visitante tras unha boa xogada individual de Kelly. As de Roland co paso dos minutos combinaba mellor e máis rápido, xerando ocasións, roubando rápido tras perda, ante un cadro zaeiro que esperaba atrás e buscaba a súa dianteira con balóns largos, que a nosa defensa interceptaba. O segundo sería de Tamara, de falta directa. E un pouco máis tarde chegaría o terceiro, de Kenny.
Ao volver de vestiarios as zaseiras subiron liñas para intentar aproveitar o vento, pero as vimiancesas estiveron serias e non sufriron demasiado. Chegaría o 4º pola calidade de Tamara, pero o Zas non deixou de competir en ningún momento.
Cerqueda - Outes (1-5)
- Goles: 0-1, m.27: Fátima de penalti; 0-2, m.51: Laura Lires; 1-2, m.66: Érika; 1-3, m.71: Carla; 1-4, m.74: Carmen; 1-5, m.78: Marta Calvo.
Apretada primeira metade en Xaviña, cun Cerqueda que maniatou moi ben e obrigou ao rival a estar imprecisa. Mención especial para Inés Bardanca, a meta local que cortaba unha e outra vez os ataques rivais coa súa velocidade.
Só un penalti cometido sobre Laura que Fátima transformaba servía para romper a igualada inicial.
Na segunda, Laura ampliaba a renda pero o empurre permitiulles ás locais recurtar. Así e todo, había máis ocos na defensa cerquedá, e á contra Carla, Carmen e a boa de Marta Calvo permitiron pechar unha vitoria que dedican á compañeira Natividad, pendente de probas médicas por unha lesión de xeonllo a pasada semana.

Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.16: X.15: O Outes supera a un Cabana que caeu en Zas.
- X.14: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario.
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.26: O Muxía achégase ao título cunha remontada de garra e corazón.
- X.25: O Muxía bate tamén ao Dumbría.
- X.24: Só o Dumbría sumou de 3.
- X.23: Case pleno polo 8M.
- X.22: Esteirana e Dumbría selan táboas.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.
