Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG trasládalle á Deputación o estado da vía que une a Ponte do Porto con Camelle

2023-02-23 BNG Camariñas
O Candidato a alcaldía de Camariñas polo BNG Xurxo Rodríguez e a responsable local do BNG en Camariñas Ana Pasantes mantiveron un encontro co vicepresidente da Deputación da Coruña Xosé Regueira.
O BNG trasládalle á Deputación o estado da vía que une a Ponte do Porto con Camelle

O BNG de Camariñas reuniuse co Deputado Xosé Regueira para propoler arranxo da estrada que une Ponte do Porto coas vilas
de Camelle e Arou e que se atopa nun estado de seguridade e mantemento moi malo.
Valorouse positivamente que a Deputación emprendese melloras na seguridade da estrada, poñendo beirarrúas na saída de Camelle cara a Ponte do Porto ou a recente licitación do proxecto de mellora da estrada no tramo dende o cruce coa AC-432 na Ponte até pasar a curva de Va de Porco, máis como o BNG viñamos denunciando é insuficiente, pois déixanse fora do acceso peonil seguro ás casas da aldea de Camelle de Arriba e na recente licitación na zona da Ponte do Porto non chega ao lugar que se debería arranxar e mellorar a seguridade e o trazado con maior urxencia como son as curvas da Canteira, lugar onde continuamente o rego do Cuncheiro cruza a estrada chegando a imposibilitar as veces o tránsito de vehículos e onde os ciclistas, numerosos nesta zona non poden circular con seguridade. "Só ampliando a licitación outros 750m se elaboraría o proxecto desa zona da estrada, vital para as vilas de Camelle e Arou", sinalan.

Xosé Regueira colleu as demandas e fará eco delas nos órganos de goberno da deputación.

Comentarios