Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG de Camariñas critica o estado de “bancarrota” do Concello

Casa do Concello de Camarinas
O BNG de Camariñas critica o estado de “bancarrota” do Concello

Camariñas celebrou este pasado mércores un pleno extraordinario e urxente, tenso e con tons altivos, para aprobar un plan de axuste económico. Trátase dun requisito indispensable para que o concello puidese acollerse ao mecanismo de pago a provedores 2023 do Ministerio de Facenda, é dicir, para que o Concello poida recibir un préstamo do estado para afrontar a débeda e que os proveedores municipais non queden sen cobrar. Uns Os proveedores que, gracias a este préstamo, cobrarán antes do 22 de maio, pero o Concello necesitará realizar un Plan de Axuste.

O pleno, segundo o BNG, “demostrou a nefasta xestión económica da alcaldesa pon nunha difícil situación de quebra financeira ao concello de Camariñas”. O grupo denuncia que “a débeda que vén de recoñecer a alcaldesa ascende a 1.353.766,69 € e o período medio de pago a provedores o ano pasado chegou a sobrepasar os 140 días", cando o prazo non debe superar o de 30 días.

”O novo préstamo dos Fondos de Ordenación do Estado súmase aos que xa ten contraídos o concello, polo que boa parte do orzamento deberá destinarse a liquidar as débedas do goberno municipal”, critica o voceiro local Xurxo Rod. “A mala xestión do grupo de goberno, acumulando facturas no caixón e despilfarrando cartos, provocou que os provedores leven meses esperando a cobrar os seus servizos e traballos, ademais de condicionar o orzamento que deberá manexar o vindeiro goberno que saia das urnas en maio. Quedou patente que a Alcaldesa e o seu equipo non son merecedores de cobrar catro dedicacións exclusivas, porque non se pode facer peor, a súa xestión ademais de nefasta, levounos á unha situación de quebra. Levan anos acumulando unha débeda, escondendo facturas no caixón, que imos ter que pagar todos os veciños, con impostos máis altos”.

Comentarios