Buscan mulleres soneirás emigrantes en Suiza para unha investigación pioneira


Carmen V. Valiña (Baio, 1985) é doutora en Historia Contemporánea especializada en temas de xénero. Na actualidade desenvolve, cunha bolsa concedida pola Deputación de A Coruña, un interesante proxecto sobre emigración feminina a Suíza na comarca da Terra de Soneira. Un proxecto para que a baiesa necesita a colaboración de protagonistas de historias reais.
Trátase dunha investigación pioneira, pois a pesar de que foron milleiros os que abandonaron e seguen abandonando a nosa terra cara o país helvético, non existen apenas estudos sobre cales foron as razóns da súa partida, como foi a súa vida alí ou como se plantexaron, se así o fixeron, o retorno.
O estudo céntrase no caso concreto das muller, ata fai ben pouco completamente excluídas dos análises migratorios baixo a idea de que eran simplemente acompañamento ou comparsa dos seus homes. Sen embargo, como ben sabemos os que nacemos na Costa da Morte, elas desempeñaron un papel fundamental como obreiras, limpadoras ou camareiras, contribuíndo en condicións de igualdade á economía familiar e tendo razóns propias para emigrar.
O estudo pretende comparar as semellanzas e diferencias das experiencias migratorias dasa mulleres da Terra de Soneira que emigraron a Suíza durante os anos 60 e 70 coas que o tiveron que volver facer trala crise económica do 2008 e ata a actualidade, a miúdo aproveitando as propias redes migratorias anteriores das súas familias ou coñecidos.
Como parte fundamental da investigación está prevista a inclusión de testemuñas persoais que relaten a sú particular e única experiencia migratoria. Por iso, a autora busca a mulleres dos concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas que teñan emigrado a Suíza, para poder falar con elas vía Skype, mail ou en persoa, se se atopan actualmente en Galicia. As interesadas poden contactar con Carmen V. Valiña no mail carmenmarinavidal@hotmail.com. A súa testemuña é fundamental para o proxecto.
Novas relacionadas
- Emigrantes na propia provincia:
- Dúas iniciativas universitarias con acento costeiro para erradicar o Acoso Escolar.
Veciñ@s polo mundo
Estes son algúns dos amig@s que xa temos visitado polo mundo. Se queres contarnos a túa historia ponte en contacto en info@quepasanacosta.com, polo Facebook Que pasa na Costa ou no whatsapp 637 704 893.- “O camiño que leva o noso país foi unha das razóns que me fixo marchar”.
- Dende Corme ata California: “Os amigos de California xa saben onde se comen os mellores percebes do mundo”
- Un malpicán en Shanghai: “Penso que os chinos nunca comeron un bo codido”.
- De Brens aos 7 mares: “Navego por todo o mundo para non ter que emigrar”.
- De Lira a Río de Janeiro: “Sorpréndeme que os donos dos mellores hoteis do Río son da Costa da Morte.
- De Cee a Manchester: “A Xunqueira e o Nadal pasámolos sempre na casa”.
- “De Australia importaría o convencemento que teñen sobre coidar o entorno”.
- De Ponteceso a Tenerife: “Boto de menos as tardes de choiva, sofá e manta”.
- De Santa Comba a Suíza: “Voltarei para a Costa cando me chegue o día da xubilación”
- Un carnotán na neve: “A Suiza levaría o Bar London”.
- De Baíñas a Alemaña: “Voltar, voltarei seguro, que a cabra tira ao monte”.
- Das terras do Xallas aos Fiordos: “Boto de menos o panadeiro na porta”.
- Un deportivista zaense na neve.
- Do Fútbol da Costa ás praias de Barcelona.
- De Santa Comba a NYC: “Cando lles amoso fotos da terra aos neoiorquinos o primeiro que me preguntan é que fago alí”.
Outros artigos migratorios
- Javier López Moríñigo: A emigración do pasado e a emigración actual: distinta forma, mesmo fondo.
Serie “De Carnota a Astoria: “Vin porque me trouxeron, non quería vir””, por Manuel Vilar
- (VI) – A estratexia do retorno e idealización do lugar de orixe.
- (V) – A chegada: casa e traballo (II).
- (IV) – A chegada: casa e traballo (I).
- (III) – ¿Por que veñen?.
- (II) – A emigración de Carnota en Nova York (II).
- “Vin porque me trouxeron, non quería vir”. De Carnota a Astoria. A emigración de Carnota en Nova York (I).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).