Camariñas adica unha fin de semana á arte ó aire libre
Son sempre actividades de promoción exitosas. E como xa o teñen comprobado, dende a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas organizan un novo Certame de pintura ó aire libre, desta volta co nome "Camariñas en cores”. Así, a fin de semana do 08 e 09 de xullo estará adicado á arte.
O sábado está pensado para os adultos. O tema deste ano é libre e faise extensible a todo o concello de Camariñas. Hai 850€ en premios (500 para o primeiro clasificado, 300 para o segundo, 150 para o terceiro e lotes de produtos para as mención). Como novidade, este ano os participantes poderán levar as súas obras a excepción do primeiro premio que se queda en mans da organización.
E o domingo será o día dos cativos co I certamen infantil-xuvenil de pintura ao aire libre. O tema será “Camariñas” e as obras deben ser pintadas no paseo marítimo. Os premios que consistirán en: un equipo completo de pintura (caballete e estuche de pinturas) para o primeiro clasificado de cada categoría e unha Tablet para o segundo clasificado.
Podedes inscribirvos en [email protected] co asunto "Certame pintura".
Novas relacionadas
- Camariñas inspira aos artistas que participaron no III certame de pintura ao aire libre.
- O Cabo Vilán déixase pintar.
- A actividade cultural no Faro Vilán permite aumentar nun 40% o número de visitantes.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.