Camariñas aproveita o tirón dos Naufraxios cunha fin de semana cultural e gastronómica
 
    11:52 06/11/18 
            Última hora: O temporal obriga a retrasar o evento para a fin de semana do 16, 17 e 18 de novembro.
 Imaxe da emotiva homenaxe ao Serpent no Cemiterio dos Ingleses durante 125 aniversario do seu afundimento
 Imaxe da emotiva homenaxe ao Serpent no Cemiterio dos Ingleses durante 125 aniversario do seu afundimento
 Os Naufraxios como produto turístico e cultural. Así está intentando aproveitar Camariñas a riqueza etnográfica que dá nome á nosa bisbarra, e que nacía en 2007 como unha pequena e simbólica homenaxe aos finados no Serpent. Esta fin de semana, coincidindo co 128 aniversario de devandita traxedia, o Concello organiza unha serie de actividades nunha completa ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ con propostas gastronómicas, culturais e turísticas.
O sábado, 10 de novembro, terá lugar o acto conmemorativo polo 128 aniversario da traxedia do ‘HMS Serpent’. Un acto tremendamente emotivo, baixo o manto escuro das estrelas da Costa da Morte, nunha paraxe como é a do Cemiterio dos Ingleses, e que contará a partir das 21:00h coa representación teatral organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e a Real Liga Naval Española.

Os naufraxios polos coles
Ao longo da fin de semana haberá unha serie de representacións teatrais e rutas guiadas dirixidas a nenos e adultos cunha temática que xirará en torno aos naufraxios en Camariñas. O venres 9, no Bar o Paella o Rubio de Camelle e Fernando Patricio falarán sobre naufraxios na zona e, ás 21 horas, haberá unha teatralización dos naufraxios en Camelle; O sábado 10, na Lonxa de Camariñas estará o programa da TVG ‘Buscadores de Naufraxios’ e haberá unha ponencia de Bernardino Martínez, celebrarase o Magosto na Praza do Mercado. Por último, o domingo 11 haberá unha ruta con saída do Faro Vilán ata o Cemiterio dos Ingleses e na Praza do Mercado instalarase unha carpa con animación para os nenos relacionada cos naufraxios. Para as rutas guiadas é imprescindible anotarse previamente polas mañás no 981 737 004 ou no correo electrónico turismo@camarinas.net.Ruta de Tapas
Paralelamente, do venres 9 ao domingo 11 haberá unha Ruta de Tapas dos naufraxios na que participan 20 establecementos. Ofrecerán, por 1 euro, tapas relacionadas cun barco naufragado en concreto. Participan nesta ocasión A Ría, Bar Playa, Bar Victoria, A Moleda, Belmar, O Pinar, Oasis, As Vegas, Confitería Camariñas, Taberna do Bico, Club Náutico, A Molinera, Bar Paella, Marítimo, Pizzería Xunqueira, Pizzería Brasil, Casa Trabeiro, CunKcafé, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ariño. 
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-buscadores-de-naufraxios-mergullanse-nas-augas-da-costa-da-morte/Novas das homenaxes ao Serpent
- Miro Villar: O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.
- Homenaxe ao Serpent 2016: O Serpent: Unha homenaxe singular nun espazo singular.
- Homenaxe ao Serpent 2015: Un mar de arte para lembrar os 125 anos do afundimento que nos cambio o nome.
- 2014: A embaixada Británica felicita aos organizadores do acto de homenaxe ao Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2014: A Costa da Morte non esquece o Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2013: Camariñas entregou as Flores da Memoria aos náufragos do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2012: Violíns nocturnos para homenaxear o naufraxio do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2011: Unha homenaxe ao Serpent desafiando o temporal.
- Homenaxe ao Serpent 2010: Unha ollada dende dentro á homenaxe polo 120 aniversario do Serpent .
- Homenaxe ao Serpent 2009: Sembrando os cimentos dunha homenaxe aos mortos do mar.
- Homenaxe ao Serpent 2008: O Cemiterio dos Ingleses acolleu unha romántica homenaxe aos mortos do mar.
- Homenaxe ao Serpent 2007: O pasado 10 de novembro celebrábase o 117 aniversario do naufraxio do Serpent.