Camariñas comeza o arranxo da pista de Reira que rematará a Xunta

09:52 11/04/19
O Concello comeza o arranxo da pista de Reira que rematará a Xunta
O temporal do pasado mes de novembro deixaba pista de Reira nun estado lamentable. 4 meses despois o Concello ponse mans á obra para arranxar a pista-
Os traballos, levados a cabos con fondos municipais, permitirán que o tramo da pista desde Camariñas ata o Cemiterio dos Ingleses quede listo antes da festividade da Semana Santa.
Despois será a Xunta a que acometa o arranxo da pista de Reira desde o cemiterio dos Ingleses ata Santa Mariña, que está previsto que se remate antes do comezo do verán. Así o acordaron Concello e Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.