Martes. 19.03.2024
El tiempo

Camariñas destinará o POS+ ao SAF, ao pago a provedores e á redución da débeda

Casa do Concello de Camarinas
Camariñas destinará o POS+ ao SAF, ao pago a provedores e á redución da débeda

Dos 13 millóns que o POS+ da deputación deixa na comarca para este 2021, pouco máis de 400.000€ son para Camariñas. E o goberno proporá no pleno deste ventes 29, destinanos a sufragar parte do Servizo de Axuda no Fogar, ao pago a provedores e á redución da débeda.

Os 100.000€ que a Deputación destina, por primeira vez, a unha partida relacionada co gasto social, serán empregados para ampliar e reforzar o Servizo de Axuda no Fogar, tal e como veñen facendo outros concellos.

Por outra banda, tamén se aprobará destinar con cargo ao Plan Único 2021 un total de 268.638,97 euros para asumir o pago a provedores e 38.968,75 euros para reducir a débeda coas entidades bancarias.

Ademais, tamén se leva a pleno a aprobación do Plan Complementario 2021 (por se hai baixas ou novas partidas destinadas da deputación, valorado en total en 289.081,54 euros, e que se destinará a diferentes proxectos: a mellora e acondicionamento das rúas Rozas e Rucheira en Arou, a reparación do pavimento na rúa Virxe do Monte de Camariñas, e a reordenación do espazo público destinado á creación do parque infantil de Xaviña.

Outros asuntos do pleno

Ademais, tamén se levará á sesión plenaria deste venres a concesión dunha subvención nominativa de 5.000 euros ao Club Balonmán de Camariñas e un recoñecemento extraxudicial de crédito de 444.444,74 euros para o pago de facturas pendentes a provedores.

Novas relacionadas

Comentarios