Martes. 19.03.2024
El tiempo

Camariñas explota por fin as súas rutas de sendeirismo

Camariñas explota por fin as súas rutas de sendeirismo

Que o sendeirismo é unha afección en auxe na Costa da Morte non é ninguún segredo. Non hai máis que ver o seguemento das apostas dende concellos como os de Vimianzo, Cabana, Zas ou Ponteceso, nos que as saídas chegan a xuntar a un cento de veciños andando polo monte.
Por non falar do potencial turístico que ten a nosa bisbarra e concretamente o Concello de Camariñas, neste eido. Como é posible que apenas teñamos rutas sinalizadas e recoñecidas como PR?

Hoxe coñecemos unha aposta dende Concellería de Educación, Cultura e Deporte do Concello camariñán polo sendeirismo. Trátase da I Ruta de Sendeirismo do Concello de Camariñas, que terá lugar o vindeiro domingo dia 4 de decembro. A ruta estará adicada ao "Día das persoas con dispacacidade".

A ruta

A ruta terá unha lonxitude de 10 kilómetros. Sairá dende o paseo marítimo e percorrerá as calles de Camariñas dirección a pista de Mourín para chegar ata a Pedrosa onde teremos o primeiro punto de avituallamento (bebida, froita, barriñas enerxéticas...). Continuará pola senda costeira dirección ao Faro de Cabo Vilán para coller a ruta en dirección a Virxen do Monte, unha vez alí, continuará a camiñata ata chegar a praia de Lago onde estará ubicado o segundo punto de avituallamento. Despois de repoñer forzas, seguirase en dirección ao Castelo do Soberano para finalmente chegar ao destino final que será o mesmo punto de donde partiu a ruta, o Paseo Marítimo de Camariñas.

Son 10 kilómetros dunha ruta pola senda costeira camariñana que conta con unhas das mellores vistas de todo o territorio galego.

Máis información e inscrición

Para participar, só hai que ter gañas de camiñar e inscribirse no Concello de Camariñas (departamento de deportes) ou ben chamando aos teléfonos 981 736 000 e 669 841 698. O prazo de inscrición remata o venres 25 de novembro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Juan Cabrejo Pasantes. Concelleiro de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Camariñas.

Comentarios