Martes. 10.09.2024
El tiempo

Camariñas leva a súa Mostra do Encaixe ata Xixón

Camariñas leva a súa Mostra do Encaixe ata Xixón
  mostra-encaixe-camarinas-xixon O centro Cultural de Xixón acolleu onte a presentación da 27 edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Despois da súa promoción en Vigo, o concello de Camariñas presentou onte no centro de Cultural de Xixón a 27 edición da Mostra do Encaixe que se celebrará entre os días 12 e 15 de abril. No acto estiveron presentes a directora de Emigración y Cooperación al Desarrollo do Principado de Asturias - Begoña Serrano -; o alcalde de Camariñas - Manuel Valeriano Alonso -; a concelleira delegada de Encaixe - Sandra Ínsua -; e a directora da Mostra - Dolores Lema -. Xunto a eles e a modo de anfitriona estivo a deseñadora asturiana Ana Cabranes que foi a encargada de vestir aos tres modelos que acompañaron a presentación de onte. Andrea Pousa e o Bruxo Queiman amenizaron o acto onde se detallou o cartel da edición deste ano. Sandra Ínsua destacou que a Mostra é un "referente nacional e internacional" asociado a nomes de grandes deseñadores como Antonio Pernas, Charo Carrillo, Modesto Lomba ou Pili Carrera. Pola súa banda, a directora do evento - Dolores Lema - anunciou a participación de 17 delegacións extranxeiras, entre as que destacou a presenza de Xapón, India ou Arxentina. Ana Cabranes - deseñadora habitual da mostra - destacou as cualidades do encaixe como posibilitador "de cousas incríbles" que se poden acadar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios