Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Camariñas leva a Madrid unha almofada ‘eco-friendly’ de encaixe

A súa deseñadora, Blanca Gómara, participará na VIII Xornada da Moda Sostible que se celebra os días 5 e 6 de abril no Museo do Traxe da capital española.

Almofada sostible 1
Camariñas leva a Madrid unha almofada ‘eco-friendly’ de encaixe

Camariñas estará moi presente na Slow Fashion Next , que se celebra en Madrid os próximos días 5 e 6 de abril no Museo do Traxe

Alí presentarase, como novidade, unha almofada de realizada con Encaixe ‘eco-friendly’, isto é, con materia prima biodegradable (un fío feito cun material chamado Greencel) e respectuosa co medio ambiente. Ademais, non é necesaria a instrumentalización de ningún animal, xa que o tecido é de orixe vexetal.

Esta innovadora técnica dá un paso máis no que ata agora coñeciamos nisto da confección do Encaixe, xa que permite xuntar tradición e innovación. Asi mesmo, universalízase o produto, xa que co mesmo traballo, a materia prima é de menor custe sen perder calidade nos acabados, así que está pensada para a maioría do público.

A deseñadora, Blanca Gómara, que estará na Mostra por primeira vez,  decidiuse por esta técnica rompedora porque “o Encaixe sempre ten un papel protagonista, que permite contar unha historia”, e con este cambio de tendencia máis xente poderá optar a este tipo de produtos e o medio ambiente -consecuentemente tamén todos nós- beneficiarase.

Polo tanto, estamos a falar dalgo moi importante: estase a avanzar no tratamento do produto sen negar a tradición do oficio, dun traballo exclusivamente manual que desde bastantes lustros se vén desenvolvendo en Camariñas.

Comentarios