Camariñas personaliza os seu mobiliario urbano e organiza novas visitas guiadas

Humanizar as rúas a través da arte é unha das accións que máis está medrando na comarca. Á marabillosa moda do grafiti pode unirse agora a personalización do mobiliario urbano, a última medida que está tomando o Concello de Camariñas. Como exemplo, este banco serigrafiado con versos da popular canción homónima.
Trátase esta dunha experiencia piloto, que se prolongará no tempo se a resposta dos veciños resulta positiva e satisfactoria. “Malia que o sentimento de orgullo e pertenza que a nosa vila xera en todos nós e imposible de cuantificar, estas pequenas pinceladas da nosa historia que pretendemos plasmar pola rúa son unha boa forma de que calquera que nos visite poida captar o noso sentir”, explica a alcaldesa, Sandra Insua.
Visitas guiadas
Malia que a reserva de prazas para os percorridos é de balde, os interesados deberán ter en conta que o número máximo de persoas por grupo será de 10 e que as inscricións faranse no PIT do paseo marítimo, no teléfono 981 737 204 ou no correo turismo@camariñas.net.