Camariñas ponse medieval

09:48 14/06/25
Un ano máis a activa Asociación de Empresarios de Promoción Turística de Camariñas engalan a vila para as Xornadas do Encaixe no Camiño. A entidade, que mantén aberto o Faro Vilán, prepara unha fin de semana medieval para os 25, 26 e 27 de xullo, coicidindo ademais co Mercado Medieval Costa da Morte de Corcubión.

Haberá moita artesanía, xogos populares, música, pero o gran punto singular son as representacións históricas do Desembarco do Rei Alfonso IX, e a representación da dama italiana que ensinou a palillar a unh veciña camariñá.
Todo maridado tamén coa gastronomía, que nunca falta da man da Festa do Marisco.