venres. 25.07.2025
El tiempo

Volve o Desembarco máis auténtico do Mercado Medieval de Corcubión

  • Guía para non perderte nada da festa medieval máis bonita do país
  • O pleno da Deputación provincial aprobou o convenio de colaboración co Concello de Corcubión para celebrar este evento cultural e turístico que rememora os feitos do ano 1457

Ensaio do Desembarco do Mercado Medieval de Corcubion 2025
Ensaio deste pasado mércores do Desembarco do Mercado Medieval de Corcubion 2025
Volve o Desembarco máis auténtico do Mercado Medieval de Corcubión

O tempo e a marea van respectar para a celebración do Desembarco máis auténtico da última década. A vila de San Marcos ponse de gala (fantástica a resposta ao concurso de fachadas) para a celebración do XXXIII Mercado Medieval de Corcubión, que se celebra estes venres 25, sábado 26 e domingo 27 de xullo. Faino cun dos programas máis completos dos últimos anos, e cun sentimento de participación das xentes da vila que albiscan unha cita histórica.

Xa o ano pasado, a irrupción do grupo Farándula Velituna como directora da representación, o Desembarco recuperaba aquel alento a pobo de comezos da década pasada, cando centos de persoas da vila, dun e outro espectro político, se unían para celebrar a vitoria do pobo de Corcubión ante as Tropas do Arzobispo.

Porque o Desembarco (como a representación da revolta Irmandiña no Asalto ao Castelo de Vimianzo), e a gran implicación do pobo, é o elemento diferenciador desta festa do resto de mercados medievais do estado. Esa representación históricada chegada, en 1457 das tropas do Arzebispo de Santiago, Rodrigo de Luna, é un dos eventos máis singulares do verán costeiro.

Así, a representación do Desembarco será este venres ás 22:30h no areal do malecón, no centro da vila, recuperando o o paseo marítimo como escenario natural ideal para a cita.

Hai unhas 150 persoas implicadas da vila na presentación, mesmo un par de nen@s dunha fa ilia de turistas que se apuntaron á festa. Este pasado mércores celebrouse un dos ensaios xerais (hoxe xoves hai outro), e o ambiente era excepcional, sendo, xa, sen dúbida, parte do Mercado.

Ensaio do Desembarco do Mercado Medieval de Corcubion 2025 2
Imaxe do Ensaio do Desembarco 

O peso escénico volve ser comandado como o ano pasado polo grupo Farándula Velutina, que contará este ano co apoio da empresa valenciana Balconet, que aporta os cabalos e ao capitán Caamaño, que vai enfrontar ao heroe local e vasalo dos Condes de Altamira, Gomes de Rioboo, que será representado polo actor local Efrén Arteaga.

De Farándula tamén participan entre os protagonistas, Elisa Lema no papel de Dona Xoana; o premiado Fernando Castro Paredes no papel de Don Rodrigo; Cris Martínez Rojas no papel de Arzobispo; Andrea Rod. Trillo no papel dunha das veciñas; e a directora Marina Gómez, que tamén pon a voz en off.
Ata o alcalde, Xabier Domínguez, “Drok”, volve participar na representación, facendo dun dos veciños. Un alumno do grupo Truéjele do IES Fernando Blanco fará de escribán e Ariadna Castro de dama de Doana Xoana.

Este elenco estará escoltado polas Rinchonas e as Xaviñanas da Universidade Popular; polas xentes do Grupo da Escola de Teatro Municipal; polo Grupo de Baile Nerio de Xaldón, e por numerosos veciños que farán de soldados do exército invasor, ou de pobo corcubionés, incluídos moitos nen@s. Hai xentes que se estrean e outros veteranos, como Santi que leva dende o comezo da representacións en 2001.

O Mercado ademais terá continuidade con varias representacións das xentes de Farándula Velutina como os Paseos de Dona Xoana.

Unha demostración de que o pobo é parte intrínseca no fermoso que é este mercado.

Programa completo do XXXIII Mercado Medieval de Corcubión

Con todo, o Mercado é moito máis. é unha cita ideal para as familias, que contará cun espazo infantil estupendo, mesmo un espazo inclusivo; ten ducias de postos de artesanía destacando os auténticos talleres de oficios antigos, e moitos postos de gastronomía típica destes eventos, cos churrascos, as creps, as patacas, ou os kebabs habituais destas festas.

Entre a programación, cómpre destacar a volta de Acibreira, mítica banda de rúa que amenizaba os mellores momentos festeiros na década pasada, pero haberá moitas máis cousas.

O programa este ano xa abre o venres pola mañá, ao ser festivo, co izado do pendón ás 11:00h, con saída da praza Castelao cara o Pazo de Altamira. Haberá pasarrúas, loitas medievais, teatro de rúa… e xa pola noite o Desembarco e despois un espectáculo de lume.

Para os ábado e domingo, cómpre descatar os Paseos de Dona Xoana feitos polo grupo local, así como os pasarrúas e aquelarres dos Rapacollóns. Cita singular tamén, a Procesión dos Fachos, entrando na madrugada do sábado, levando aos pecadores ao cárcere.

Programa do Mercado Medieval de Corcubion 2025

Programa do Mercado Medieval de Corcubion 2025 2

CRÓNICAS DOS MERCADOS

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios