mércores. 08.07.2026
El tiempo

Camariñas prepara xa a nova edición de O Encaixe no Camiño do 24 ao 26 de xullo

stands-participantes-mercado-medieval-encaixe-no-camino-camarinas-2023-00005
Camariñas prepara xa a nova edición de O Encaixe no Camiño do 24 ao 26 de xullo

Camariñas volverá acoller este verán unha nova edición de O Encaixe no Camiño, unha cita xa consolidada no calendario estival do municipio que se celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo e que volverá encher a vila de historia, tradición, gastronomía e ambiente festivo.

O evento, organizado pola Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, coa colaboracion de diferentes organismos, regresará un ano máis coa intención de seguir poñendo en valor a identidade local a través dunha proposta que une recreación histórica, artesanía, música, dinamización comercial e cultura popular, converténdose nun atractivo tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes.

Como unha das novidades xa consolidadas dentro da programación, O Encaixe no Camiño volverá contar coa Festa do Marisco de Camariñas, que celebrará este ano a súa segunda edición coa colaboracion da Cofradía de Pescadores de Camelle. Tras a boa acollida da pasada edición, a cita gastronómica regresa co obxectivo de seguir reivindicando o produto do mar e a tradición mariñeira da comarca, sumando un novo atractivo a unha fin de semana pensada para gozar de Camariñas desde distintas perspectivas: a histórica, a cultural e tamén a gastronómica.

O prazo segue aberto

Ademais, desde a organización lembran que segue aberto ata o día 10 de xullo o prazo de inscrición para novos postos que desexen participar nesta edición de O Encaixe no Camiño. As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición a través da web oficial do evento, www.oencaixenocamino.com, onde atoparán o formulario de inscrición telemática na sección blog da páxina web, ou ben poñerse en contacto coa organización por correo electrónico ou por teléfono da Asociacion de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas.

Comentarios