Camariñas presenta o proxecto de dinamización do faro dentro encontro europeo
08:07 19/04/16
Unha delegación de Camariñas expón o proxecto de dinamización do faro Vilán. Imaxe: Costa da Morte -Galicia
Un ano máis unha delegación do concello de Camariñas participa no encontro do proxecto REN - a Rede de Municipios Rurais Europeos - que ten lugar ata o vindeiro xoves na cidade italiana de Borgorato. Neste encontro europeo participan o concelleiro de Emprego e Medio Ambiente de Camariñas - Sergio Caamaño -; o técnico de Emprego do concello - Emilio González -; un enxeñeiro agrónomo de Ponte do Porto - José Manuel Rodríguez - e unha emprendedora do sector do encaixe - Deborah Morate -. O concello de Camariñas, xunto co de Vila de Cruces, son os únicos municipios galegos que participan nesta iniciativa.
Neste encontro internacional daránse a coñecer as conclusións de todos os proxectos levados a cabo ata agora nos diferentes países. O principal obxectivo de participar nesta iniciativa europea é fomentar o intercambio de experiencias entre os mozos e mozas de diferentes países para fomentar a creación de emprego nas zonas rurais. Algo similar ao que se fixo recentemente Vimianzo, no marco do o “ERN4mob- European Rural Europe for Job Mobility”, financiado pola Unión Europea.
O faro, como exemplo
O técnico de emprego será o encargado de presentar hoxe unha ponencia sobre o faro de Camariñas, como un dos principais atractivos para o desenvolvemento turístico do concello. A modo de exemplo, na pasada Semana Santa este espazo recibiu máis de 3.300 visitas. Este traballo foi elixido entre as mellores prácticas a desenvolver, xunto con otras inciativas do sector agrícola italiano (exportado de Suecia) e outra froito dun intercambio entre Croacia e Finlandia.
A delegación de Camariñas tamén participa mañá en dous grupos de traballo, nos que se analizarán a incidencia deste tipo de iniciativas nos países europeos e as estratexias levadas a cabo co fin de frear o abandono das áreas rurais, ademais de debatir as novas propostas xurdidas na conclusión deste proxecto.
O concello de Camariñas xa participou nas pasadas edicións deste programa onde deu a coñecer as distintas iniciativas para a dinamización deste municipio rural. O primeiro proxecto no que participou foi no 2006 co "YPAD, Juventud y Desarrollo".
Novas relacionadas
- Camariñas participa no Proxecto REN, rede de municipios rurais europeos
- Camariñas aprende en Suecia como fomentar o emprendemento na mocidade.
- Europa aprende a envellecer activamente en Ponteceso.
- A mocidade camariñá ten a oportunidade de achegarse á europea co proxecto YPAD.
- Camariñas intercambia experiencias coa Young People europea.
- Europa coñece a Experiencia Social Xiria.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Camariñas.