Camariñas preséntase en Madrid
19:32 24/02/16
A Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas
O encaixe de Camariñas chega ata Madrid. E así quedou plasmado na presentación da XXVI Mostra do Encaixe que se realizou esta mañá na Casa de Galicia e que levará por lema "“Inspiración, Deseño e Encaixe. Escrito na Pel”; tal e como se reflicte no seu cartel. Durante o acto, unha palilleira da localidade - Beatriz Dios - fixo unha demostración en vivo do seu traballo coa que sorprendeu ao numeroso público presente. A mostra, que reunirá a máis de 300 palilleiras e a dez deseñadores de todo o mundo, será entre o 23 e o 27 de marzo coincidindo, como é habitual, coa Semana Santa.
O obxectivo da presentación en Madrid, que contou con material audiovisual, un pequeno desfile e demostracións en vivo, é promocionar e dar a coñecer ante medios e profesionais unha das señas de identidade da comarca, elaborada de forma tradicional desde fai máis de cinco séculos.
No acto de presentación destacaron a importacia deste traballo artesanal
No acto interviñeron o delegado da xunta en Madrid, José Ramón Ónega, resaltou o traballo das palilleiras nuns tempos nos que "prima a producción industrial". "O encaixe, esa maravilla que resume arte, sapiencia, paciencia, inxenio, inspiración e beleza suprema", resaltou Ónega. Ao acto de presentación tamén asistiu o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, quen mostrou o seu orgullo polo traballo das artesás locias. Ademais aproveitou para definir a Mostra como "o evento máis importante do mundo". Unha proba da súa afirmación é a cantidade de países extranxeiros que, ano tras ano, participan no evento.
Pola súa banda, Modesto Lomba, presidente da asociación de Creadores de Moda de España que tamén estivo na presentación da Mostra en Madrid, mostrou o apoio da entidade que dirixe a este traballo artesanal xa que, segundo dixo, "é a identidade dentro da globalización".
O deseñador da firma madrileña Yono Taola, Juanjo Gómez, que éste será o primeiro ano que acuda á Mostra do Encaixe, mostrou a súa admiración polos traballos de encaixe. Gómez coincidiu con Lomba en que "é un luxo traballar co encaixe" e mostrouse convencido de que "o encaixe de Camariñas podería estar en calquera pasarela do mundo".
Á presentación da Mostra do Encaixe en Madrid tamén asistiu Sanda Ínsua, concelleira do goberno de Camariñas, quen eloxiou a aplicación do encaixe no mundo da moda que fan posible actualmente prestixiosos deseñadores e que "nos transmiten cos seus deseños a maxia de facer posible que séculos de labor artesá encaixen co deseño máis moderno e a alta costura".
Deseñadores participantes
Dez recoñecidos deseñadores participaran na XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas
Durante a presentación da Mostra do Encaixe en Madrid anunciáronse os deseñadores que participarán na edición deste ano. Como novidade, acudirán por primeira vez, a asturiaana Cristina Llama, con compelementos de encaixe e as firmas Yono Taola e Claudina Mata.
Ademais dos galegos José Matteos, Janet Schulz e a firma coruñesa Sanmar, nesta edición repetirán Ana Cabranes (Asturias), Modesto Lomba (Madrid), Esteban Freiría (Málaga) y Mar Balmón (Madrid).
Novas relacionadas
- Madrid acolle a presentación da Mostra do Encaixe de Camariñas
- O primeiro campamento náutico pola Mostra do Encaixe
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Camariñas defende a súa promoción virtual do mar.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- Mostra 2010: Alberto Neves gañou o Concurso de Deseñadores Noveis.
- Mostra 2010: A cara máis sensual do encaixe.
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Relatos da Costa, Un século máxico: Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Camariñas