Camariñas propón 4 novos cursos de búsqueda de emprego
O Concello de Camariñas, entidade colaboradora do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia), servizo da Xunta de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo, desenvolverá nos meses de febreiro e marzo diferentes cursos sobre busca de emprego.
O fin é facilitarlle ás persoas interesadas neste tema información e ferramentas que posibiliten o seu acceso ao mercado laboral.
Os distintos obradoiros son de carácter gratuíto e serán impartidos pola orientadora laboral. En total ofértanse 4 cursos:
- 20 de febreiro. "Busco traballo, por onde empezo?." Nesta sesión informarase sobre as principais fontes de información para o emprego, así como dos recursos de emprego e formación existentes na zona e a forma de acceder ós ditos recursos. Traballarase tamén a selección do obxectivo profesional.
- 27 de febreiro. "Curriculum e cartas de presentación". Nesta xornada veranse os distintos tipos de c.v. así como os seus apartados, cartas de presentación e a súa estrutura. As persoas asistentes poderán elaborar o seu c.v. así como modelos de cartas na aula informática do concello.
- 6 de marzo. "Procesos de selección de persoal e entrevista de traballo". Nesta ocasión veranse as distintas fases que compoñen un proceso de selección de persoal, con especial énfase nas probas de selección (tests psicotécnicos, dinámicas de grupo...) e nas entrevistas de traballo. Darase información tamén sobre como presentarse nunha empresa por teléfono ou de xeito presencial para buscar traballo.
- 13 de marzo. "Información laboral útil". Informarase sobre o contrato de traballo, o salario, a nómina, o “Estatuto de los trabajadores”, convenio colectivo, prestacións dependentes do SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal) e o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria para persoas en situación de desemprego.
Os cursos terán lugar os mércores en horario de 10:00 a 13:30 horas. Para poder participar nos cursos é obrigatorio inscribirse con anterioridade nas instalacións municipais da Casa de Pedra coa orientadora laboral. Hai posibilidade de realizar tódolos cursos ou anotarse de xeito independente.
Máis información e inscrición
Ós cursos poden anotarse todas aquelas persoas que estean interesadas aínda que terán prioridade as persoas desempregadas..
Máis información, de luns a venres de 8:00 a 15:00 na Casa de Pedra (orientadora laboral), nos teléfonos 981737004 ou 653260746 e no email [email protected].
Novas relacionadas
- A bitácora da semana (CXVI): Traballar e formarse na Costa da Morte.
- Camariñas intercambia experiencias coa Young People europea.
- Os alumnos de Camariñas saben mellor como aforrar enerxía.
- Coas maletas e de volta a Suiza.
Fonte
- Concello de Camariñas.