Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Coas maletas e de volta a Suiza

Coas maletas e de volta a Suiza
Andrés anda de Camariñas ao Jura suizo - Foto-Jose Caruncho para Swissinfo

Moita xente atopou pola rúa Antonio Rodríguez este nadal, nas súas vacacións de regreso en Camariñas. Coma el, moitos emigrados voltan a casa para pasar as sinaladas datas, e as vilas da Costa da Morte convértense en fervedoiros de encontros, ceas...

Antonio está em Suiza, como outros centos de camariñáns e costeiros. E Antonio fai pública a súa visión no portal suizo Swissinfo. Na súa fermosa, e triste, reportaxe, Antonio califica de "balón de osíxeno" o Jura suizo para toda a poboación galega.

Unha situación que se repite nos últimos 50 anos, deixando claro que o crecemento no noso país vai cara atrás. I é que a día de hoxe, de non ser polos nosos avós, e polas súas pensións, moitos máis dos que conseguimos quedar por estas terras, teríamos que coller as maletas, e tirar cara Suiza, por exemplo.

Non deixen de ler a reportaxe de Antonio Rodríguez en Swissinfo, pero teñan en conta, que atopar hoxendía un traballo en Suiza, non é tan doado como hai 50 anos.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios