Camariñas recibe o distintivo de prata da Rede Galega de Praias sen Fume

08:42 22/09/22
A Rede Galega de Praias sen Fume, promovida polo Programa de Promoción da Vida sen Tabaco da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, vén de outorgarlle ao Concello de Camariñas o distintivo de prata por ter declaradas, como mínimo, o 50% da súas praias sen fume.
Segundo informan dende o consistorio, as praias que contan con este distintivo son as de Lingunde, Camelle, Ariño e Arou.