xoves. 29.05.2025
El tiempo

Camariñas saca o seu orgullo ambiental

  • Arrinca na praia de Reira o proxecto "Camariñas, A Perla da Limpeza Ambiental da Costa da Morte"
Mateo Pasantes Campana
O investigador Mateo Pasantes Campaña acompañará a xornada falando da caramiña
Camariñas saca o seu orgullo ambiental

O vindeiro domingo día 1 de xuño arrinca a campaña “Camariñas, a perla da limpeza ambiental na Costa da Morte”. Un proxecto desenvolto pola comprometida Asociación Mar de Fábula e o Concello de Camariñas, para poñer en valor a riqueza natural do territorio camariñán e espertar o orgullo dos veciños desta vila mariñeira para que coiden o seus espazos comúns e patrimonio ambiental.

A primeira acción ambiental será a Limpeza na praia de Reira, que se desenvolverá este domingo 1 xuño 2025, a partir das 11:00h.

Ao tempo que realizan a limpeza e avalían o BEA desta praia, porám en xogo as coordendas sinaladas polo camariñán Mateo Pasantes Campaña, investigador e máximo experto no estudo da caramiña (corema album), para identificar e respetar este arbusto que dá nome á vila e o seu froito nome a esta campaña.

Imaxe do areal grande de Reira co cabo Vilán ao fondo
Imaxe do areal grande de Reira co cabo Vilán ao fondo

A quedada será no aparcamento diante do areal grande. Mar de Fábula levará todo o material necesario. A efectos das coberturas obrigatorias de seguros cómpre apuntarse con nome, apelidos e DNI no correo : info@mardefabula.gal ou chamando ao tlfno 608609042

Máis novas

Comentarios