Camariñas tamén se pon en negro contra a violencia de xénero


Hoxe é o Concello de Camariñas o que anuncia as actividades arredor desta iniciativa de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero promovida por 105 entidades de todo o país.
A alcaldesa Sandra Insua achegouse a Santiago para participar nunha reunión con Concellos e Deputacións, para asinar o protocolo de adhesión a unha campaña que ten como obxectivos: • Fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito municipal a través da coordinación entre concellos. • Implicar a toda a cidadanía nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas. • Identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero a través do uso de materiais de campaña por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais.