Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Camariñas vibrou co xadrez

Torneo Xadrez Camarinas
Camariñas vibrou co xadrez
Os días 3 e 4 de xullo disputouse o I Torneo Concello de Camariñas sub2200, un torneo válido para Elo FIDE e FEDA con 6 roldas e que repartiu 1.000€ en premios máis trofeos. O torneo estaba encadrado dentro do campamento de verán que tivo lugar en Camariñas, desde o día 28 de xuño e ata o domingo día 4 cun total de 17 participantes.

No torneo participaron un total de 49 xogadores, destacando os favoritos Alberto Eyo e o MF Dan Cruz, de lugares moi dispersos como Ponferrada, Ourense, Vigo, Pontevedra, Ames, Santiago, Pobra do Caramiñal, Cambre, Coruña, Arteixo, Carballo, Muxía e Camariñas, seguíronse os protocolos aprobados para o COVID-19 sen incidencias.

A emoción mantívose ata o final da rolda 6, coas 4 primeiras mesas loitando pola vitoria e 3 delas decididas nos apuros de tempo, á última rolda chegaba líder Fran Pedreira con medio punto de vantaxe sobre 7 xogadores, tocáballe enfrontarse a Eyo nº1 do ranking, a partida estivo moi disputada e nalgún momento parecía que Pedreira podía gañar ou mínimo táboas, pero no final o xogador do Karpov de Pontevedra Alberto Eyo impúxose conseguindo 5 puntos e o 1º posto por mellor desempate.

O MF Dan Cruz do Fontecarmoa de Vilagarcía quedaba 2º tras vencer, non sen apuros, a Jose Sar, 3º quedou Heriberto Rubial do Alzheimer Bierzo tras vencer a Jose Otero os 3 con 5 puntos, 4º quedaba Fran Pedreira de Sigrás, 5º Nicolas Jato do Alzheimer Bierzo, 6º Antón Quintás da USC que se conformou con táboas en posición gañadora, ao non ver que tiña cuberto un xaque do rival Jato, o que lle privou de ser 3º, 7º Victor Carro do Alexandre Bóveda e 8º David Cernadas do Marquiño todos con 4,5 puntos.

Camariñas penxa xa en outubro no torneo de rápidas do circuíto intercomarcal dentro das actividades da Mostra do Encaixe de Camariñas.

Desde o Club Xadrez Arteixo e O Toque Xiria Carballo queren dar as grazas ao concello de Camariñas polo seu patrocinio, ao club Náutico de Camariñas, ao Hotel O Parranda e Supermercados Claudio pola súa colaboración no campamento e no torneo.

Comentarios