Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Camariñas, Vimianzo e Muxía impulsan o proxecto de reactivación socioeconómica ‘Revivindo a Costa’

fachada maritima de camarinas
Camariñas, Vimianzo e Muxía impulsan o proxecto de reactivación socioeconómica ‘Revivindo a Costa’

Os Concello de Camariñas, Muxía e Vimianzo veñen de anuciar a posta en marcha do proxecto de reactivación socioeconómica ‘Revivindo a Costa 2024-2026’. Unha iniciativa que ten como obxectivo reactivar a economía dos tres municipios, impulsando o emprendemento, consolidando as empresas e xerando un contexto socioeconómico que free o despoboamento.

O proxecto conta cunha subvención ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico de 176.298,66 euros, dos que os tres concellos aportarán 17.498,68 euros correspondentes aos custes salariais dos Axentes de Desenvolvemento Local encargados de redactar e executar o proxecto.

‘Revivindo a Costa’ contará con catro liñas de actuación claramente diferenciadas: 

Liña 1: desenvolvedora de talento

Preténdese primeiro crear un mapa de talento. É dicir, buscar persoas con talento nos tres municipios, despois expandir ese talento mediante un viveiro no que se lles dará formación; e, por último, presentarllo ás empresas con seminarios de liderado. 

Liña 2: centro de emprendemento disruptivo

Crearase un espazo para que as persoas emprendedoras realicen un proxecto empresarial, sempre con formación, adestramento e amosando nichos de mercado locais.

Liña 3: aceleradora para a mellora empresarial

Primeiro farase un obradoiro para facer prosperar aos autónomos e pequenas e medianas empresas; despois crease o chamado cubo de marketing co obxectivo de multiplicar o valor dos produtos da empresa; seguidamente desenvolverase un laboratorio de innovación que inspire o inxenio dos profesionais; e, finalmente, formaranse nas novas tecnoloxías nun centro de intelixencia dixital.

Liña 4: CoBrandingShow

Faranse dúas actividades. A primeira será unha tenda PopUp na que se exhibirán todas as iniciativas das liñas anteriores e a segunda unha xornada chamada DemoDay na que se convidarán aos profesionais e emprendedores a compartir os seus proxectos.

Comentarios