Luns. 07.10.2024
El tiempo

Camelle, foco de obradoiros artísticos con crebas

Exif_JPEG_420
Camelle, foco de obradoiros artísticos con crebas

Da mesma maneira que o ano pasado, durante os meses de xullo e agosto e dentro un programa de subvencións da Deputación Provincial da Coruña,  Mar de Fábula levará adiante, na súa sede do paseo marítimo de Camelle, obradoiros artísticos reutilizando a súa grande colección de lixo plástico, limpo e preparado, seleccionado das limpezas de praia realizadas durante o ano.

Estos obradoiros, en horario habitual de 12:00-13:30 horas, están enfocados para aos nenos e nenas de Camelle, de Camariñas e das familias veraneantes na comarca, sempre  realizados baixo a dirección de dúas entusiastas monitoras,  atentas en todo momento a orientar e responder ás demandas dos cativiños nos seus procesos de creación dun imxinario de fabulosas naves espaciais, super embarcacións recolectoras de lixo mariño e  máxicas criaturas caóticas dispostas a liberar aos océanos da contaminación do lixo plástico.

Ao remate, son libres de levar as súas creacións a casa.

Comentarios