Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O CPI Xosé Pichel pechou o intenso curso de visitas medioambientais con Mar de Fábula

Exif_JPEG_420
O CPI Xosé Pichel pechou o intenso curso de visitas medioambientais con Mar de Fábula

De Dumbría, Vimianzo, Laxe, Ponteceso, Muxía… Moitos os centros educativos da Costa da Morte que esta primavera puideron disfrutar dunha xornada de aprendizaxe medioambietal real, activa, directa, no marco dun programa subvencionado pola Deputación.

A última, coincindo co peche de curso, protagonizárona 21 escolares de 1º da ESO e 3 profesor@s do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. Acodían ao centro de actividades medioambientais de Camelle, onde Mar de Fábula ten a súa base de operacións. A intensa choiva destos días deu un tempo de respiro para que estes alumnos e alumnas puideran disfrutar ao aire libre apañando o lixo mariño mesturado co argazo que o mar nos devolve a cotío na praia de Camelle.

”Sempre é emocionante observar o interés e dedicación que estes rapaces tan novos poñen na tarefa de protexer o mar a pesar do triste espectáculo que tiñan arredor de material espallado na area desprendido das cacholas, cacharelas ou lumeiradas instaladas na praia para a noite de san Xoán”, explica Xosé Manuel Barros.

En total recolleron 647 refugallos (plásticos, cordas, envases, cabichas… e moita madeira).

Exif_JPEG_420

Despois dos traballos na praia e depositar o lixo nos seus respectivos contentores, o alumnado dirixiuse andando cara ás instalacións de Mar de Fábula onde descansaron e merendaron na terraza. Logo no interior, foron os protagonistas dunha minicharla participativa, do visionado de videos educativos e na última parte deron cumprida mostra da súa inspiración e capacidade creativa compoñendo notables obras artísticas co lixo plástico almacenado no local.

Máis novas de Mar de Fábula

Comentarios