Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula crea en Camelle, xunto con WE Sustainability, "a Casa no Alto", un Centro de Interpretación de arte do Mar

Casa no Alto de Camelle Centro Arte
A Casa no Alto de Camelle ten unhas vistas espléndidas
Mar de Fábula crea en Camelle, xunto con WE Sustainability, "a Casa no Alto", un Centro de Interpretación de arte do Mar

Importante paso da a Asociación Mar de Fábula afianzándose como unha das entidades medioambientais referente en toda Galicia. Non pasan desapercibidas as súas accións de concienciación (véxase limpezas de areais co voluntariado, as accións cos escolares…) e denuncia na Costa da Morte para o resto de entidades do país.

Así, a entidade radicada en Camelle dá un salto anunciando a creación do proxecto “A Casa no Alto”. Trátase dun edificio no alto da vila que se convertirá en Taller de promoción artística, ambiental e cultural, acollendo a residencia de artistas de todo o mundo.

Faino a través dunha colaboración coa potente plataforma coruñesa WE Sustainability e o apoio do GALP, coa intención de utilizar a arte coma unha ferramenta máis na defensa do medio mariño, do patrimonio natural e cultural da comarca, e para loitar contra o despoboamento. “Queremos cultivar a convivencia cidadán nas nosas vilas mariñeiras e traballar unidos por un futuro sostible”, describe Xose Manuel Barros, a alma de Mar de Fábuila.

Así, a contorna salvaxe e mariñeira pretende ser foco de inspiración de arte, como lle pasou a Man. A Casa no Alto convertirase nun “proxecto experimental onde os artistas conviven e traballan de maneira flexible e libre, liberando o seu potencial creativo, xa sexa de maneira individual ou colectiva nun grupo con intereses comunes”.

Centro de Arte de Camelle
Así é “A Casa no Alto”, Centro de Interpretación de arte do Mar de Camelle

De feito, xa está en marcha. Baixo a dirección de Pablo López, artista plástico promotor e inspirador desta iniciativa e socio de Mar de Fábula, as portas da Casa no Alto abríronse o día 11 de marzo e ficarán abertas até o remate do mes de maio. Logo virá a exposición da obra artística realizada, tanto no Museo de Man de Camelle como nas instalacións de We Sustainability na Coruña.

Novas Relacionadas

Comentarios