Venres. 29.03.2024
El tiempo

Centro BTT Costa da Morte: unha senda que conecta 10 concellos

Centro BTT Costa da Morte: unha senda que conecta 10 concellos
Alcaldes e tecnicos de Deportes da Costa da Morte na Deputacion Alcaldes e técnicos de Deportes da Costa da Morte na Deputación

Fantástica a proposta da Deputación de vertebrar a Costa da Morte a través dunha senda BTT. Esa é a proposta que propuxo o deputado responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, aos 10 alcaldes implicados nesa senda que tería 630 quilómetros, chamada proxecto Centro BTT Costa da Morte.

O Centro BTT convertirase nun produto turístico destinado a promoción da práctica da bicicleta de montaña, contando así mesmo, con centros de recepción e información onde se ofrecen diferentes servizos vencellados a esta práctica deportiva. Ademais, formarán parte do Centro BTT un conxunto de rutas convenientemente sinalizadas e acondicionadas para a práctica do BTT.

O proxecto conectaría os concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas, polos montes da contorna. Regueira subliñou que “é preciso o compromiso firme de todos os concellos que forman parte deste proxecto”, pois unha vez que o convenio marco sexa asinado, a Xunta de Galicia revisará e avaliará a homologación da cada un dos quilómetros que conforman o percorrido, unha coxuntura, incidiu, “que determinará semestralmente que o proxecto siga adiante”.

A institución provincial xa ten consignada unha partida orzamentaria de 181.000 euros, ademais de asinar un convenio elaborado pola Axencia de Turismo Xunta da Galicia e a Deputación da Coruña, para a afrontar a execución, acondicionamento e sinalización do proxecto.
Dende hoxe, os concellos iniciarán o estudo de cada unha das claúsulas que presenta o convenio de colaboración Centro BTT Costa da Morte para avaliar se están en disposición de cumprir todas as condicións que este establece. Así mesmo, deberán revisar e verificar a titularidade das sendas que pasan polos seus municipios.

Fonte

  • Deputación.

Comentarios