Chegou o temporal
Se apenas hai semana e media estabamos na praia, o outono-inverno acaba de chegar. E de que xeito xa estamos inmersos en pleno temporal. Así, a Costa da Morte atrinchéranse para aguantar da Alerta Laranxa. As choivas, os raios e tronos, o forte vento, e un mar tremendamente bravo, foron os protagonistas da xornada deste mércores 26 de outubro de 2011.
O vento foi un dos protagonistas na noite de onte. Por Vimianzo chegaron aos 115 km/, por Carnota aos 110 km/m, e en Camariñas rondaron os 108 km/h, por apuntar datos das estacións metereolóxixas que temos na bisbarra.
En canto a accidentes polo de pronto só podemos apuntar unha pequena saída de vía na zona de Toba, en Cee.
A comarca de Fisterra foi das que máis sufriu o temporal, e os apagóns déronse dende a vila do Cristo ata Cee. "Quen paga as pérdidas?" preguntábanse dende o sector hostaleiro.
Sen embargo, unha vez que baixamos ata Carnota ou Muros, parece que a cousa anda bastante máis tranquila. Así e todo, podemos comprobar como no Ézaro a auga subíu ata a caseta de información turística, o que dá conta da forza do mar.
Mellorando nos vindeiros días
Así e todo, dende Meteogalicia apuntan que o tempo irá mellorando nos vindeiros días. De feito, a golpe de xoves apuntan que só teremos chuvascos ocasionais, malia que seguirá zoando un forte vento de nordés. Para venres e sábado, sen embargo dan sol ao longo do día e subida de temperaturas.
Así e todo, ollo, que a Alerta Laranxa no mar mantense para este xoves 27 en toda a bisbarra.
Protestas dende os centros escolares
Uns dos que poden sufrir as consecuencias do temporal son os centros de ensino. En medio da loita contra os recortes, os problemas de infraestruturas fan que algún centro tamén levante a voz. Como o activo C.E.I.P. "Os Muíños", dende onde a Dirección desexa manifestar o seu "disgusto pola situación na que se atopa o centro".
"En plena reforma, e unha vez rematadas as obras no edificio principal, obsérvanse numerosas deficiencias, das que xa esta dirección alertara: a fachada sur vese exposta aos efectos do temporal, e a consecuencia é que as aulas ubicadas nesta zona inúndanse cando comezan as chuvias. Coas paredes recén pintadas, e estrenando novo piso, comprobamos como todo se está estragando debido a que as auténticas deficiencias (mal aillamento, cubertas en mal estado) non se subsanaron cunhas obras orzamentadas en principio en case un millón de euros, cantidade rebaixada posteriormente", explican dende o centro muxián.
Novas relacionadas
- Temporal Novembro 2010: Máis imaxes do mar salvaxe na Costa da Morte durante o temporal .
- Temporal febreiro 2010: As primeiras imaxes do Xynthia na Costa da Morte.
- Estudio do Centro Fonteboa: Na Costa da Morte chove máis dun tercio dos días.
- Un curso sen actividades extraescolares.
- Ciencia e Tecnoloxía, con Mario Rodríguez Gómez: “Cicloxénese explosiva”.
- As imprudencias no mar páganse.
- Os Vídeos naturais de Francisco Santiago López: Temporal do Quince.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).