mércores. 22.10.2025
El tiempo

Volven intentar poñer en marcha o proxecto “Comedores Responsables KM 0” que conecta produtores locais con comedores escolares

Comedores escolares GDR Costa da Morte 1
José Antonio Vila García, xerente do GDR Costa da Morte, rodeado de Jesús de la Fuente Blanco e Rocío García Carregal, responsables da asistencia técnica do programa, dirixiron a presentación
Volven intentar poñer en marcha o proxecto “Comedores Responsables KM 0” que conecta produtores locais con comedores escolares

Algo máis de interese mostrou a comunidade educativa da Costa da Morte no encontro local celebrado en Baio do proxecto “Comedores Responsables KM 0” organizado polo GDR Costa da Morte. 
Unha iniciativa da Consellería impulsada por oito Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia, que ten como obxectivo fomentar unha alimentación máis saudable, sostible e de proximidade nos comedores de colectividades, favorecendo o consumo de produtos locais e de tempada, reducir a pegada ecolóxica e impulsar o desenvolvemento rural a través da compra pública alimentaria sostible.

O GDR costeiro xa estivo traballando nesta mesma materia, conectando proveedores/produtores con colexios para fomentar o consumo local durante varios anos entre 2020 e 2022. Agora súmase a este proxecto a nivel galego que durará, polo menos, de 3 anos, esperando máis de implicación dos sectores necesarios para que teña éxito. "Fai falta dar un paso atrás e sensibilizar á xente, a produtores, ás familias, aos colexios, aos cociñeiros...", recoñecen xentes relacionadas co proxecto.

O encontro contou cunha notable participación de representantes municipais, produtores e responsables de comedores escolares, que aproveitaron a xornada para coñecerse, compartir experiencias e establecer posibles liñas de colaboración de cara ao futuro.

Comedores escolares GDR Costa da Morte 2
Formáronse grupos de traballo

Durante a súa intervención, o xerente do GDR José Antonio Vila García destacou “a excelente acollida que está a ter esta iniciativa na nosa comarca, o que reflicte o compromiso crecente de concellos, produtores, centros educativos e comedores de colectividades por avanzar cara a un modelo alimentario máis responsable e ligado ao territorio”.

Engadiu ademais que “desde o GDR Costa da Morte traballamos para acompañar este proceso, conectando ás persoas e entidades que fan posible que o consumo de produtos locais sexa unha realidade nos comedores galegos”. 

Lembraron que o proxecto inclúe accións formativas, encontros territoriais e acompañamento técnico para facilitar a incorporación destes criterios nos comedores escolares e sociais.

Máis novas 

Comentarios