Martes. 10.12.2019
El tiempo

As colaboracións, unha parte fundamental na XXIX Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas

La Boheme Rose colabora na Mostra
La Boheme Rose colabora na Mostra
As colaboracións, unha parte fundamental na XXIX Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas

Xa non queda nada para o comezo da XXIX Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. Este mércores erguerase o telón dunha das citas máis importantes da Semana Santa galega.

Hoxe, como previa, achegámonos á importancia das colaboracións nesta artesanía convertida en produto de moda, destacando que Cote du Marais e La Boheme Rose, dúas marcas de nivel nacional, colaboran nas coleccións de Erika Gómez e Claudina Mata.

Victoria Lagoa, coruñesa, fundou hai catro anos ‘La Boheme Rose’, unha marca con identidade propia. Un dos elementos clave do seu traballo son as diademas con plumas, inspiradas no mundo do ballet. A súa máxima é “hacer colecciones para el día más importante en la vida de una mujer”. É a segunda vez que acudirá a Camariñas, xa que participou hai dous anos nun desfile de Noveis Deseñadores, e encántalle o mundo do encaixe, considerando o de Camariñas como “el mejor del mundo”.
A deseñadora colaborará con Claudina Mata, á que coñeceu por redes sociais. “Es todo un lujo colaborar con ella, porque su estilo es romántico y nos sentimos identificados al cien por cien. Con un diseño clásico pero atemporal”, apuntaba.Cote du mariais

Outra das colaboracións das que temos que falar é a de ‘Cote du Marais’, de Silvia García. A deseñadora decidiu emprender e lanzarse ao mundo do calzado infantil. O que sempre quixo ofrecer é un calzado artesanal e ‘handmade’ na Comunidade Valenciana, apoiando así o desenvolvemento local.
Colaborará con Erika Gómez, de ‘Twin & Chic’, unha das firmas para os máis pequenos que participarán na Mostra nesta edición de 2019. Será o seu primeiro concurso neste evento, do que espera “empaparme al máximo de esta experiencia, disfrutar y aprender un montón del mundo del encaje, que desde siempre me ha fascinado”, declaraba Silvia.

Novas relacionadas

Comentarios