Mércores. 26.02.2020
El tiempo

Colleita de votos das Eleccións ás 11 confrarías da Costa da Morte

Colleita de votos das Eleccións ás 11 confrarías da Costa da Morte
Eleccions Confrarias Costa da Morte 2014

O 52% dos electores acodiron a votar ás Eleccións das Confrarías da Costa da Morte. Unha participación bastante menor que na do resto da provincia e de toda Galicia, cun 63% de participación. Os 11 pósitos da zona, entre Malpica e Muros (dos 63 en todo o litoral galego) escolleron aos seus patróns maiores, un asunto sempre delicado no sector da pesca.

Un proceso de eleccións no que non se distinguen candidaturas, senón que se presentan as persoas de xeito individual e logo se constitúe a xunta xeral, de onde sairá elixido o patrón maior. De aí será elixido o patrón maior. Trala xornada de hoxe, a data límite para a constitución da xunta xeral e a elección provisional do patrón maior de cada confraría é o 14 de xullo. O 24 de xullo esta elección deberá ser definitiva e o 26 de xullo será a toma de posesión dos patróns maiores.

E a cousa, na Costa da Morte, foi variada, de feito, unha das 3 confrarías galegas nas que non fixo falta votar porque se correspondía o número de electores co número de vogais que teñen que ser elixidos, era da Costa da Morte: Fisterra. Se ben Laxe e Muxía tamén tiveron unha situación semellante.
Ademais, houbo ata 4 empates (Camariñas, Corme, Lira e Malpica).

Repasamos os datos:


Confraría de Camariñas

  • PARTICIPACIÓN: 104 votantes (de 287 electores) – 36,2%.
  • Número de Candidatos: 287; Nº de vogais: 20.
  • EMPRESARIOS (10).
Eleccions Confrarias Camariñas 2014
  • * Empate no número de votos.

Confraría de Camelle

  • PARTICIPACIÓN: 57 votantes (de 90 electores) – 73,3%
  • Nº CANDIDATOS: 90; NÚMERO VOGAIS: 12.
Eleccions Confraria Camelle 2014

Confraría de Corcubión

  • CENSO: 79.
  • PARTICIPACIÓN: 14 votantes (de 18 electores) – 77,8%
  • Nº CANDIDATOS: 13; NÚMERO VOGAIS: 12.
Eleccions Confraria Corcubion 2014

Confraría de Corme

  • CENSO: 88.
  • PARTICIPACIÓN: 27 votantes (de 88 electores) - 30,7%
  • Nº CANDIDATOS: 88; NÚMERO VOGAIS: 12.
Eleccions Confraria Corme 2014
  • * Empate en número de votos.

Confraría de Fisterra

  • CENSO: 157.
  • PARTICIPACIÓN
  • No CANDIDATOS: 16; NÚMERO VOGAIS: 8.
Eleccions Confraria Fisterra 2014
  • * Non houbo votación, porque o número de vacantes era o mesmo que o número de candidatos.

Confraría de Laxe

  • CENSO: 124
  • PARTICIPACIÓN: 21 votantes (de 33 electores) – 73,6%.
  • Nº CANDIDATOS: 15; NÚMERO VOGAIS: 14.
Eleccion Confraria Laxe 2014
  • * Neste colectivo non foi preciso facer votacións porque o número de candidatos coincide co de vogais.

Confraría de Lira

  • CENSO: 47.
  • PARTICIPACIÓN: 15 votantes (de 47 electores) – 31,9%
  • Nº CANDIDATOS: 44; NÚMERO VOGAIS: 10.
Eleccions Confraria Lira 2014
  • * Empatados en número de votos.

Confraría de Malpica

  • CENSO: 234.
  • PARTICIPACIÓN: 65 votantes (de 234 electores) – 37,8%
  • Nº CANDIDATOS: 234; NÚMERO VOGAIS: 18.
Eleccions Confraria Malpica 2014
  • * Empate en número de votos.

Confraría de Muros

  • CENSO: 169.
  • PARTICIPACIÓN: 58 votantes (de 100 electores) – 58%
  • Nº CANDIDATOS: 19; NÚMERO VOGAIS: 16.
Eleccions Confraria de Muros 2014

Confraría de Muxía

  • CENSO: 207.
  • PARTICIPACIÓN: 97 votantes (de 200 electores) – 48,5%
  • No CANDIDATOS: 25; NÚMERO VOGAIS: 18.
Eleccions Confraria de Muxia 2014
  • * Neste colectivo non foi necesario realizar votacións porque o número de candidatos coincideco de vogais.
    ** Empate en número de votos.

Confraría de O Pindo

  • CENSO: 24.
  • PARTICIPACIÓN: 12 votantes (de 24 electores) – 50%
  • Nº CANDIDATOS: 24; NÚMERO VOGAIS: 10.
Eleccions Confraria O Pindo 2014

Novas relacionadas

Fonte

comentarios