domingo. 10.11.2024
El tiempo

A APLU derrubará en Reira, tras máis de 10 anos de litixios, unha das urbanizacións icónicas do maltrato á nosa paisaxe

As casas da urbanización de Reira están a ser demolidas pola APLU
As casas da urbanización de Reira están a ser demolidas pola APLU
A APLU derrubará en Reira, tras máis de 10 anos de litixios, unha das urbanizacións icónicas do maltrato á nosa paisaxe

Son as casas do Reira un dos símbolos de como en Galicia, durante décadas, non soubemos respectar a nosa paisaxe natural. O lugar de Reira, en Camariñas, é unha das contornas máis salvaxes da comarca, en plena ruta do Camiño dos Faros. Unha urbanización en pleno corazón natural, nunha zona protexida, con algunha das casas que podería chegar a ter máis de 30 anos.

Unha situación da que se podería culpar á política municipal do #tivaifacendo, pero da que tamén ten boa parte de culpa a Xunta de Galicia. É a administración autonómica a que outorga licencias en solo rústico, e moitas veces son os concellos os que levan os paus que lle corresponderían levar a Costas (do Estado), Augas ou Patrimonio (da Xunta).

En todo caso, xa van máis de 10 anos dende que a Axencia de Protección da Legalidad Urbanística (APLU) denunciara as edificacións. Aínda non tiña PXOM o concello camariñán, polo que as delimitacións urbanísticas eran moito máis difusas.

Tras moitos litixios, estes días están procedendo ao derrubamento da urbanización de cor amarela, se ben aínda quedará en pé unha das casas, a que está en primeira liña, que librou porque a denuncia chegou fóra de prazo.

Derrubos da APLU en 2019

Durante o 2019, a APLU realizou 3 derrubamentos na Costa da Morte, unha cifra moito máis baixa que a de 2018 (12 edificación derrubadas):

Derrubamento da APLU en Zas
Imaxe do derrubamento da APLU o pasado xaneiro de 2019 en Zas

Novas relacionadas

Comentarios