Comezan a demolición dunha casa na praia en Arou
Comezaba onte o derribo, voluntario, dunha casa unifamiliar na praia das Lobeiras, en Arou, Camelle, Camariñas. I é que esto das demolición de edificacións ilegais está a convertirse nunha realidade, como xa vimos en Malpica?, Fisterra, ou Muros.
Desta volta, trátase dunha vivenda deshabitada con semisoto, planta baixa e baixo cuberta, sen licenza e sen autorización autonómica en zona de servidume de Costas. Se ben o derribo foi realizado de xeito voluntario polo propietario, a orde de demolición data de 2003, declarando as obras como ilegalizables e ordenando a súa demolición. Dita orde de demolición foi confirmada por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data de 2007 e unha inadmisión de casación con data de 2008. Máis de 11 anos para botala casa abaixo, como comprobaba onte Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).
Unha APLU que viu infrutuosas as multas coercitivas impostas, polo que acordou a execución subsidiaria da demolición a custa do afectado. Non obstante, o afectado procedeu á demolición voluntaria, coa conseguinte redución da repercusión de custes.
O afectado dispón do prazo dunha semana para realizar e acreditar a reposición da legalidade urbanística. A APLU volverá á zona para comprobar que a demolición se efectuou na súa totalidade.
Novas relacionadas
- Denuncia cunha foto: A que esperan para tirar as casas do Reira abaixo?.
- 02-05-14: Quen permitiu a edificación dunha casa, agora demolida, na Rede Natura de Malpica?.
- 31-03-14: A Xunta anuncia a demolición das 3 casas ilegais de Mar de Fóra.
- 12-03-14: A demolición de edificios ilegais faise realidade.
- 03-03-14: Dous hoteis ilegais demolidos en Muros.
- 2010: Nova orde de derribo para 3 casas en Fisterra.
- 2008: Fotodesfeita: Casas invadindo a praia de Mar de Fóra.
Artigos relacionados
- Domingo Guerra: Reposición da legalidade urbanística.
- Maltratamos a paisaxe na Costa da Morte?.
- Fisterra e a casa sen vender.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).