Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O Concello de Camariñas quere mercar a Casa do Mar de Camelle para rehabilitala

Casa-Mar-Camelle
O Concello de Camariñas quere mercar a Casa do Mar de Camelle para rehabilitala

Tras máis dunha década de abandono o seu estado de abandono non invita demasiad, pero o Concello de Camariñas quere recuperala para a vida social. O Concello de Camariñas pretende comprarlle a Casa do Mar de Camelle á Tesourería Xeral da Seguridade Social co obxectivo de rehabilitala e convertela nun espazo de ocio, respondendo así unha antiga demanda dos veciños e veciñas da parroquia.

A pasada semana a alcaldesa, Sandra Insua, visitou o edificio xunto co director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Miguel Planas Roca; a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes; o concelleiro de Urbanismo, Sergio Caamaño; e membros da Asociación de Veciños A Pergoliña.

“A intención do goberno local é ir rehabilitando o inmoble pouco a pouco para poder facer uso del e que a veciñanza de Camelle teña un espazo en condicións para poder facer actividades, cursos... xa que a casa de Man está quedándose pequena e Camelle é unha das parroquias onde os nenos e nenas máis participan nas actividades que organiza o Concello”, explica Sandra Insua.

Pode ser que agora, aquel espazo que acollía cursos de pescadores, actividades ou obras de teatro, volva ás mans da veciñanza.

Comentarios