martes. 12.11.2024
El tiempo

Concellos e outras organizacións encabezan os actos do #25N

Concellos e outras organizacións encabezan os actos do #25N
Pancarta contra a Violencia de Xenero en Corcubion A pancarta contra a Violencia de Xénero feita pola Universidade Popular de Corcubión xa está colgada na Casa da Cultura de Corcubion Un ano máis, a Costa da Morte implícase na loita contra a violencia machista que este ano xa levou por diante a vida de máis de cincuenta mulleres en todo o estado español. Concellos e outras entidades da bisbarra teñen programados distintos actos para mañá, #25denovembro - día internacional contra a violencia de xénero. Unha das asociacións que encabezan os actos desta loita é a Organización Feminista Buserana que, precisamente, está de 15º aniversario. Baixo o lema "Paremos o feminicidio!" celebraráse unha concentración ás 19:30 horas na praza "8 de marzo" de Cee na que tamén haberá un recital de poesía e unha chocolatada. Tamén o CIM - Centro Información á Muller - de Cee desenvolve durante estes días varias actividades coas que se pretende sensibilizar á poboación. Entre elas, está unha exposición de carteis contra a violencia de xénero no mercado municipal da vila, o reparto de bolsas de papel cunha mensaxe impresa e outras actividades con escolares. Mañá, #25N, terá lugar un almorzo-terturlia sobre a violencia de xénero aberto a toda á cidadanía. O encontor seá ás 10 horas e a continuación realizarán unha concentración na praza 8 de marzo. O alcalde de Malpica na gravación do lipdub. Imaxe: concello de Malpica O alcalde de Malpica na gravación do lipdub. Imaxe: concello de Malpica O concello de Malpica inicia hoxe os actos que conmemoran o día internacional contra a Violencia de Xénero. “Non te escondas máis. Por min e por todas as miñas compañeiras” é o nome da campaña deseñada pola área de Igualdade da concellería de Servizos Sociais e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Dentro dela inclúese un vídeo protagonizado por entidades, veciñ@s e representantes políticos, marcapáxinas informativos sobre os servizos que presta o Concello de Malpica en materia de igualdade e chapas coa imaxe de Malpica Igualdade, a nova marca que englobará todas as accións promovidas dende o concello neste ámbito. A presentación do vídeo e do material informativo será hoxe ás 11.30 horas nun acto público e aberto a toda a cidadanía que se celebrará no Centro Cívico. Escolares dos CEIP Milladoiro e Joaquín Rodríguez Otero, a UD Cerqueda, a Asociación Oleira de Buño, a Asociación de Redeiras O Fieital, os alumnos e alumnas dos cursos de alfabetización informática e novas tecnoloxías, a Asociación Íntegro e membros do goberno municipal participaron na gravación dun “lipdub” da canción “Se acabaron las lágrimas”, de Huecco, co obxectivo é transmitir ás mulleres que son vítimas da violencia de xénero que hai saídas. O vídeo poderá verse a partir de mañá na canle de YouTube do concello de Malpica, na súa páxina en Facebook e no seu perfil de Twitter. Cartel "basta xa" Corcubion Cartel "basta xa" Corcubion En Corcubión é a a asociación Universidade Popular leva xa uns días traballando contra esta lacra. A entidade editou uns dípticos informativos, de concienciación e de denuncia contra a violencia machista, que distribuiron en diferentes puntos da comarca. Un dos lugares no que se repartiu esta información foi a praza de Castelao de Corcubión, onde o pasado domingo repartiron este dípticos informativos e onde realizaron un mural colectivo coa colaboración de moitos veciños. Os voluntarios plasmaron a súa man sobre un mural e a través deste acto sumáronse ao berro "Basta xa de violencia machista". Pola súa banda, o concello de Corcubión tamén se involucra co #25N con varias actividades dirixidas, na súa maioría, ao alumnado do CEIP Praia de Quenxe co fin de coeducar na igualdade e traballar a prevención da violencia entre os máis novos. Así mesmo, a Concellería da Muller e Igualdade organiza un acto ao que invita a participar toda a cidadanía e durante o cal se lerá un manifesto de rexeitamento e de denuncia contra a violencia machista. A cita é mañá, ás 12 horas na casa do concello. 25 n-1MAzaricos O concello de Mazaricos súmame á loita contra o feminicio cunha concentración que terá lugar mañá mércores, ás 19 horas diante da casa consistorial mazaricana. Alí, encenderase unha vela por cada vítima do ano 2015 que supera a cifra das 50 mulleres.

Santa Comba di NON

Os que xa fixeron público o vídeo para a ocasión son os membros do Concello de Santa Comba.

 

Carteis en Camariñas

Sempre vivas polo 25 N en Camarinas

O Concello de Camariñas está a desenvolver o programa Entérate de Sensibilización e Prevención da violencia de xénero nos CEIP de Ponte do Porto e no CEIP O Areal, así como no IES Plurilínüe Pedra da Aguia.

Neste programa, rapazas e rapaces dos centros educativos participantes distribuídos en grupos de traballo, deseñaron e elaboraron unha campaña publicitaria que logo presentaron a un xurado, quen elixiu un cartel gañador, neste caso foi Omaima Moussaqui, de 1ºB do IES Pedra da Aguia a gañadora do concurso co cartel.

O cartel gañador será distribuído polo concello polas rapazas e rapaces participantes do programa e o próximo mércores 25 de novembro, ás 11:15 horas realizarase unha pegada de carteis na Praza do Concello, despregarase unha pancarta no balcón do consistorio e un grupo de tres alumnas e alumnos lerán un manifesto cunha mensaxe contundente contra os malos tratos.

Novas relacionadas Fonte    

Comentarios