Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As cuestións económicas separan o pleno camariñán

Imaxe do pleno de investidura de xuno 2023 en Camarinas
Imaxe do pleno de investidura de xuño
As cuestións económicas separan o pleno camariñán

Onte tamén se celebrou no Concello de Camariñas. Un pleno con diversidade de asuntos e pareceres entre os 3 grupos políticos, xa que, se ben todas as mocións saíron adiante, só houbo unanimindade na aceptación da adscrición da Casa do Mar de Camelle para convertirse en centro veciñal.

Porén o resto de puntos sufriron posicións encontradas, mesmo a determinación dos festivos locais (martes 23 de abril-San Xurxo e o martes 16 de xullo - día da Virxe do Carme), que tivo os votos a favor de PSOE e PP pero a abstención do BNG.

Foi o PP o que se abdstivo na aprobación da Ordenanza municipal reguladora do uso das praias, “por non seren informados”; e máis o que votou en contra a Moción en defensa do servizo básico e esencial da educación pública en Camariñas e na Costa da Morte, aprobada cos votos a favor de PSOE e BNG.

Cuestións económicas

Máis complicadas foron as aprobacións das cuestións económicas. De feito, PP e BNG votaron en contra da aprobación (cos votos da maioría socialista) do recoñecemento extraxudicial de créditos, mentres que a Conta Xeral do exercicio 2022 saíu aprobada cos votos a favor do PSOE, a abstención do PP e en contra do BNG.

A visión do PP

O PP denunciou “a mala xestión económica do goberno local” considerando que a Conta Xeral ofrece “datos negativos e demoledores. A débeda por habitante ascende a 577 euros e temos un desaforro neto de 621.918 euros”. Por iso “votamos en contra dun novo recoñecemento de crédito. Temos un goberno que non quere facer o orzamento e aproba gastos por importe de 900.000 euros. Aínda con reparo de intervención, eles seguen coa súa xestión caótica e nós non podemos votar a favor de seguir hipotecando Camariñas.“Vostedes gastan co seu criterio, e permítanme que á vista da deuda que ten este concello non avalemos co noso voto o seu gasto” declarou a nosa portavoz Paula Mouzo.

A visión do BNG

O concelleiro do BNG rexistrara por un urxencia unha moción para ser debatida no pleno sobre a problemática que as adicións están a traer as nosas vidas, pero  goberno municipal e rexeitou en pleno a urxencia da mesma, sen chegar a debaterse.
Ante esta situación o BNG quere "denunciar a actitude déspota do goberno municipal que xa non so non fai caso do que poida aportar a oposición, senón que fuxe mesmo do debate que non lle interesa. Xa ao inicio da lexislatura quitou as máximas competencias do pleno delegándoas na xunta de goberno local. E agora o debate das mocións que ao parecer non lle interesan".

O BNG levou tamén outros rogos e preguntas como "pedir por activa e pasiva a limpeza das rúas, que se dote de cuberta aos parques da escola de Camelle e se dote
dunha zona cuberta na Ponte do Porto para xogar as nenas e nenos entre outras".

Comentarios