Xoves. 21.11.2019
El tiempo

Damián Espasandín cumpre un soño e álzase campión de España de OCR Élite

Damián Espasandín cumpre un soño e álzase campión de España de OCR Élite
Damian Espasandin Campion de Espana de OCR Damian Espasandín, Campión de España de OCR absoluto Vén cumprir un soño. E non é só unha idea, senón que levaba toda a semana soñando coa “maldita carreira”, e mesmo non puido durmir a noite anterior do nervioso que estaba. Debía ser unha premonición de estar ao que podía ser “o maior logro da súa carreira”. Damián Espasandín acodía, acompañado dunha nutrida expedición costeira, ao Campionato de España de OCR que se celebraba en Allariz, e conseguía, nada menos, que quedar Campión de España en Categoría Élite. Si, a proba absoluta, sen rangos de idade, a máis importante do ano en España, e para a que todos os corredores se preparan ao longo do ano. Damian Espasandin no podio do titulo de Campion de Espana de OCR O vimiancés Damián Espasandín no alto do poido do Campionato de España de OCR coa bandeira galega Coa bandeira galega no podio, aseguraba nas redes sociais estar “moi contento por poder traer un premio tan importante para a casa, para Vimianso, para toda a Costa da Morte e para Galicia en xeral”. Pero o que máis disfrutou foi “ver toda esa xente alegrándose porque gañara eu. Iso foi impresionante”, explícanos cunhas “sensacións tremendas” o novo campión de España de OCR. Un título que se cadra aínda vale máis vendo como foi a carreira, tremendamente dura, cunhas condicións metereolóxicas horribles (“chuvia, vento, frío… un río xeado no que nos tivemos que tirar e nadar…”) e uns obstáculso e un percorrido moi duros tamén. Unha situación que só permitiu que rematasen a carreira 8 participantes da Élite, os mellores. O resto tiveron que abandonar. Damian Espasandin no Campionato de Espana de OCR de Allariz Damian Espasandin no Campionato de España de OCR de Allariz Así lle aconteceu aos Javi Barrientos, Iván Romero, Chavi Pérez, Valentín Amigo, Cristian Danis, e, como non, Paula Esteiro. Ningún conseguíu a carreira pola dureza dun obstáculo que estaba situado xusto despois do río. Tamén participaron en categoría popular (na que non é obrigatorio pasas todos os obstáculos, os ceeses Laura Montero e Diego Fandoño, que conseguiron o 1º e o 3º posto respectivamente, e o carnotán Marcos Antonio Formoso. En todo caso, todos e cada un deles o fixeron de medo, superándose e demostrando o potencial da Costa da Morte neste deporte. Damian Espasandin disfrutando do titulo de Campion de Espana de OCR Damián Espasandín disfrutando do título de Campion de España de OCR

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/paula-esteiro-damian-espasandin-e-javi-barrientos-campionato-mundo-carreiras-obstaculos/ “Fin de semana heroico para Damián, Paula e os equipos do ConcoBox” — Que pasa na costa

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios