Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Faro Vilán amplía o seu horario e estrea nova exposición colectiva

CARTEL EXPOSICIÓN XULLO 2024_Faro Vilan-Camarinas
O Faro Vilán amplía o seu horario e estrea nova exposición colectiva

Moi vivo está este verán o Faro Vilán, gracias á Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas. A entidade, ademais de encher de contido o Faro con exposicións, amplía o seu horario para xullo e agosto e abre de mércores a sábado 10-14 e de 15-19.
Este mes de xuño visitaron o faro Vilán un total de 1.685 persoas. O 78% dos visitantes son nacionais, dos cales o 32% son galegos. Europeos chegan un 18% e de América un 5%.

Exposición

Durante o mes de xullo na sala de exposicións do Faro Vilán - Camariñas estará aberta ao público a exposición colectiva, de pintura e fotografía, do grupo LUCET, do que forman parte: Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, María del Carmen Valverde, Melania Gómez Barral, Julia San Martín del Barrio, Dolores Mato Gómez, Francisco Hervella Rodríguez, Ana Cancela Muras e Salvador Galbán Dios.

Os arriba citados son artistas plásticos con estilo e técnica libres, a súa formación académica é variada, sendo algún dos artistas do grupo licenciado en Belas Artes e outros de formación autodidacta, con ampla traxectoria e experiencia. Posuíndo tamén, algún deles, un nutrido palmarés de premios en mostras e concursos de pintura, o que supón o recoñecemento á calidade da obra.

O colectivo xa teñen exposto no propio Faro, na Fábrica de Sel de Muros, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns… con exposicións que sempre teñen unha excelente acollida.

Máis novas

Comentarios