Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Lighthouse Society de EEUU gozou co Faro Vilán e os Murais de Lar

Visita da Llighthouse Society ao Faro Vilan
Visita da Llighthouse Society ao Faro Vilán
A Lighthouse Society de EEUU gozou co Faro Vilán e os Murais de Lar

Estes días parte dos membros da asociación amigos da Lighthouse Society dos Estados Unidos estiveron na Costa da Morte visitando, por suposto, algúns dos faros máis emblemáticos da nosa costa.

Unha das paradas máis impresionantes que viviron foi no Faro Vilán. Ademais de ser o único faro aberto da comarca, describírono “o máis magnífico” do seu percorrid pola costa Cantábrica, no que visitaron 37 faros.
Tiveron a sorte de poder visitar o Museo e tamén o cumio da torre, pasando por esas escadas máxicas que unen ambos espazos.
Dentro do grupo coñecéronse historias curiosas, como a de Darlene Chisholm, de 77 anos, que visitou co seu marido, falecido antes da viaxe, un total de 4.400 sinais marítimas de todo o mundo, desde o ano 1969. El foi o que lle dixo que fóra forte e non faltara a esta viaxe pola costa Cantábrica.

Visita da Llighthouse Society ao Faro Vilan2
No Faro Vilán coa alcaldesa de Camariñas
Visita da Llighthouse Society aos Murais de Lar
En Lar con Gonzalo Rod.

Non quixeron deixar pasar a oportunidade de coñecer de primeira man a obra social da empresa Suministros Lar, o concurso Mural de Azulexos de Lar. Fixeron parada en Cee para ver os traballos realizados polo alumnado dos institutos e colexios e tamén polas asociacións que forman parte do proxecto.

Puideron ver os murais da última edición, a dos Naufraxios, que repousan nas instalacións da entidade antes de levar a nosa riqueza histórica polo mundo. Os estadounidenses calificaron “o proxecto de arte educativa e inclusiva, que promove altruístamente a cultura, a historia, a inclusión social e o achegamento interxeracional”.

Visita da Llighthouse Society a Lar

Comentarios