Venres. 19.04.2024
El tiempo

#SEMANASANTA

O Faro Vilán reabre as portas gracias á tenacidade dos empresarios

Transos no Faro Vilan
Transos no Faro Vilán
O Faro Vilán reabre as portas gracias á tenacidade dos empresarios

Hai lugares emblemáticos que deberían ter a súa apertura blindada polas administracións. Os Faros, dende logo, non son uns deles, a pesar de estar presente nos mellores produtos turísticos que vendemos en cada Feira.

Dende hai case sete anos, o Faro de Cabo Vilán pode abrir as súas portas gracias a tenacidade dunha entidade sen ánimo de lucro como Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, xunto ca colaboración da Deputación da Coruña dende o ano 2018. Este pasado inverno non lle foi posible á entidade manter aberto o Faro, pola falta de apoio do resto de administracións, dende a local ata a Xunta, pasando por Portos.

”Que ocurre neste país, que proxectos en marcha, en beneficio de todos non se apoian?, serios atrancos, nos atopamos neste percorrido”, explican os Empresarios camariñáns.

Agora, reabrirá de novo as súas portas para que os visitantes que se acheguen, poidan disgrutar das maravillosas vistas, así como tamen, da entrada o edificio de servicios do Faro, onde se atopa una técnica en turismo, que lles informará do todo o que alí se ofrece e os lugares mais destacados para visitar de toda a Costa da Morte e do resto da provincia.

ExposiciónExposicion de mariscadoras da Misela de Fernando Rei no Faro Vilan

A súa reapertura xusto para Semana Santa, coincidindo coa exposición de pintura "Mariscadoras da Misela", unha exposición na que se fai unha homenaxe ó traballo das mariscadoras.

Os horarios de apertura son:
- Do 16 ó 21 de abril de 11:00 a 21:00h.
- Do 24 de abril ó 30 de abril de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h.

Unha excursión perfectamente compatible coa ambiciosa Mostra do Encaixe.

Novas relacionadas

Comentarios