Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Máis de 3.300 persoas visitaron o faro Vilán durante a Semana Santa

Máis de 3.300 persoas visitaron o faro Vilán durante a Semana Santa
Durante esta Semana Santa houbo momentos no que o aparcamento do faro Vilan estivo saturado. Imaxe arquivo Costa da Morte - Galicia Durante esta Semana Santa houbo momentos no que o aparcamento do faro Vilan estivo saturado. Imaxe arquivo Costa da Morte - Galicia Esta Semana Santa un total de 3.374 persoas visitaron o faro Vilán de Camariñas. Foron algunhas menos no mesmo periodo do ano periodo, data na que pasaron polo edificio case 3.800 visitantes. Aínda así, estas cifras xunto coas 20.000 persoas que pasaron pola Mostra do Encaixe deixan un balance positivo do que foi a Semana Santa na Costa da Morte tendo en conta que as condicións climatolóxicas non eran das máis favorables para o ocio. Segundo indican dende a asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, o 62% dos visitantes que entraron no faro Vilán durante esta Semana Santa procedían da propia comunidade autónoma, mentras que o 35% chegaba dende distintos puntos do territorio nacional. Dentro da mesma comunidade, destacan os procedentes da provincia de A Coruña, que representan o 58% dos visitantes que proceden de Galicia. Entre os turistas nacionais, destacan os procedentes de Madrid, cun 40%, seguido de Cataluña cun 12% e Castela e León e País Vasco cun 11%. En canto aos visitantes estranxeiros, destacan os procedentes o Centro e Sur de América, cun 37% do total dos visitantes, seguidos de Italia e outros países de Europa cun 12% e 11% respectivamente. Problemas co aparcamento Dende asociación de Empresarios e Promoción Turísitca de Camariñas puntalizan que estas cifras se refiren unicamente aos visitantes que entran no faro, sendo unha cifra moito a cifra é moitomaior posto que non todos que chegan o faro entran nel e, ademáis, estes días de Semana Santa houbo xente que por problemas de aparcamento chegaba o faro e daba volta sen parar. Por otra banda, cabe recordar que a sala de exposicións do faro Vilán acolle exposición da Fundación Teresa Rego composta por mantillas de encaixe de bolillos que datan dende o siglo XVI ata a actualidade. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC ([email protected])
  • Asociación de Empresarios e Promoción Turísitca de Camariñas
 

Comentarios