Luns. 16.09.2019
El tiempo

O Faro Vilán máis vivo que nunca

O Faro Vilán máis vivo que nunca

Unha alegría, sen dúbida, para a bisbarra, é comprobar a recuperación do Faro Vilán coma un espazo cultural vivo. A artesanía segue sendo unha das protagonistas desta volta á actividade cultural da man do traballo da Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas. Ademais, esta fin de semana, o faro tivo unha visita institucional, como é a do presidente da Xunta, pero antes que Feijoo está Teodoro.

Artesanía local no faro

Teodoro Pensado cos seus barcos no Faro VIlan

Durante o pasado domingo 11 de agosto estivo Teodoro Pensado Gerpe no Faro Vilán de Camariñas, veciño de Camariñas, facendo demostración dunha afección que cos seus 82 anos segue a desenvolver: gamelas e barcos de madeira, dos que se poden ver tamén en exposición na cafetería e tenda de souvenirs do Faro Vilán.

Outra que tamén estivo e que mesmo deixou abraiado ao mesmo Feijoo, foi a palilleira Carmen Lema "a pequeñita de Camariñas", que estivo un sábado máis facendo demostración da súa destreza realizando encaixe de Camariñas.

A palilleira Carmen Lema estivo un sabado mais no Fario Vilan

Visita de Feijoo

Feijoo no Faro Vilan

O Presidente da Xunta, ALberto Núlez Feijoo, estivo esta fin de semana visitando o Faro Vilán de Camariñas e despois de visitar o exterior do mesmo, fixo un percorrido polo interior, admirando as maquetas de pedra feitas polos irmáns Parga de Ponte do Porto e que se poden ver na sala de exposicións ata o 1 de setembro.
As impresións que levou sobre o Cabo e o Faro Vilán, Lugar de Interés Turístico Nacional, foron moi boas e pensa voltar en canto poda e facer o percorrido que vai dende o Faro ata Camelle todo pola costa, apreciando a beleza paixasística do entorno.

Novas relacionadas

Fonte

  • Empresarios de Camariñas.
  • Fotografías realizada por Sabela Rodríguez Fernández.

Comentarios