Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Fernando Patricio Cortizo recupera os Naufraxios galegos do século XIX

Fernando Patricio Cortizo recupera os Naufraxios galegos do século XIX
Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899-Fernando Patricio Cortizo

Trala historia do Priam, Fernando Patricio Cortizo volve falar do que máis le presta: o mar. E fai un repaso tremendamente traballado dos ”Naufragios y crónica marítima de Galicia hasta 1899”.

Este venres 13 de maio fará a presentación na Coruña, no Club de Mar de San Amaro ás 20.30h, e o vindeiro 4 de xuño estará no Cabo Vilán ás 18:00h facendo o propio para a Costa da Morte, un día despois de facelo na Biblioteca municipal de Ortigueira.

Falamos duun rigoroso, pero ameno traballo, que servirá de enciclopedia marítima para estudiosos de toda Galicia. Un libro que require estudio, esforzo e coñecemento, ademais de arte para recuperar historias como as da familia Dosil, esa familia liracha na que houbo varios buzos que se adicaban a despedazar barcos afundidos, como o mesmo Great Liverpool en Gures. De feito, o capítulo "Desguazadores de pecios", é un dos preferidos do autor.

As grandes historias hai que engadir a calidade do libro, as ilustracións, os datos… un tesouro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios